Os muros (Berlín).

muro andresbedia 2A liberdade chorando a Handala”, pintada no muro da vergoña en Belén.
Foto: Andres Bedia

Un muro que, en realidade, caera hai xa tempo. Toda a maquinaria do sistema realizou unha brutal campaña propagandística, todas as institucións, todos os líderes mundiais, e uns cantos miles de imbéciles se lanzaron a celebrar a caída do seudosocialismo.

Ainda máis

Outra peza no motor da mudanza: as moedas sociais. O caso do Val Miñor.

Moeda socialA comezos deste ano, un grupo de persoas no que se inclúen funcionarios, comerciantes, estudantes, paradas e traballadoras, creou unha Unidade de Intercambio de tempo, bens e servizos, que está a dar os seus primeiros pasos. A Moeda Social do Val Miñor, conta xa cunha ferramenta web cálida e fácil de usar, para reflexar e facilitar as transaccións que se realizan, e que poden incluir ou non o intercambio de euros. Ainda máis

Editorial (Xullo).

portada16A sociedade global actual ten no consumo unha das súas principais razóns de ser. Vivimos nun mundo no que a sobreprodución, a desinformación, a represión e o consumo son os alicerces centrais dun edificio conformado polas principais potencias económicas mundiais. Un edificio asentado sobre 3.500 millóns de persoas que viven por debaixo do albor da pobreza e sobre unha explotación dos recursos naturais completamente irracional e desmesurada. Ainda máis

Toxicidade da vaixela de plástico nos comedores escolares.

PlasticoNo comedor do colexio CEIP Souto Donas de Gondomar (Pontevedra), a empresa de catering “Ruta Jacobea” serve a comida ó alumnado directamente sobre bandexas de plástico con cinco compartimentos. Isto implica un risco totalmente innecesario para a saúde dos nenos, como explicamos a continuación. Ainda máis

O enrarecemento dos bens públicos e comúns no chamado Barrio do Cura.

Barrio do curaEstes días lemos na prensa do sistema que o proxecto de especulación urbanística no chamado “Barrio do Cura” é de inminente realización. Aprobados todos os requerimentos administrativos, o proxecto só depende dunha achega de capital por parte dun/s magnate/s ruso/s indeterminado/s. Ainda máis