Este mes de xuño chegaba a noticia dende a FAPA de Castelló de nenos buscando comida no lixo do seu colexio. Incluso os propios mestres levaban, por iniciativa propia, alimentos para paliar a fame dos cativos con menos recursos.
Arquivo da categoría: Revista
Festa de lanzamento do número 4 o sábado 6 de xullo.
O próximo sábado día 6 as oito e media na Cova dos Ratos ( rúa Romil nº 3 ) montamos outra pequena festa para celebrar a saída do número 4 da revista. Además de boa compaña e boa conversa poderemos disfrutar da actuación de Tristecentos Versos, poesía e música a cargo de Silvia Penas, Elvira RIbeiro, Xabier Xil e Carina Posse. Tamén haberá rifas ( para disfrutar dunha cea para dous na Cova e dunha ilustración orixinal ), petiscos, etc animádevos e vinde a disfrutar do espectáculo.
Os recortes na Universidade de Vigo.
A nosa Universidade está a sufrir o comezo dunha época que só se pode catalogar como triste e lamentable. Unha época de recortes, de precariedade, de perda de calidade educativa, de privatización e mercantilización. As primeiras medidas están afectando especialmente ao Persoal Docente Iventigador (PDI) e o Persoal de Administración e Servizos (PAS), afectando consecuentemente ao estudantado: suba de horas, descenso de salario e non renovación de contratos son as tres características principais da política que a Reitoría, monicreque ás ordes do ministro Wert, está a aplicar este ano, e seguirá aplicando os vindeiros. Ainda máis
Unha alternativa real: o grupo de alimentación.
Cultivar, construír, tecer,… xa non son actividades feitas por un mesmo ou na pequena comunidade. Na sociedade ‘desenvolvida’ somos dependentes de case todo. Consumimos e producimos o que o sistema manda. Ainda máis
Pequeno acto de atrevemento.
Falaría de consumo, de produtos e de economía se con isto non sentira que só estou a empregar palabras roubadas aos seres humanos, palabras malladas, azoutadas e falsificadas. Se lembrase que non hai moito tempo a especie humana aínda cazaba para alimentarse, abrigarse e construír un lugar no que se resgardar e que entre os seres humanos había verdadeiros actos de intercambio, entón sentiría que estaría a falar de necesidade e de cultura. Ainda máis
Consumir educadamente.
As crianzas están perdidas nun mundo no que as persoas adultas (aquelas que deberían por os cimentos para o benestar infantil) tamén o están. Proba disto é a tolemia colectiva reflectida na provocada adicción polo consumo bulímico de produtos de máis que dubidosa necesidade. Ainda máis
Doazón de sangue.
Cando un consume, esquece que xa foi previamente consumido. O seu emprego consúmelle, cómpralle a súa vida por horas. Rodeado pola venta e o consumo, o ser humano é unha mercadoría máis sometida aos vaivéns do mercantilismo, e en cada transacción sempre lle sacan algún belisco: outro anaco de humanidade, un imposto, a forza para crecer como persoa, o beneficio do xefe, o tempo para criar aos fillos… Todos se consumen entre eles, belíscanse mutuamente (tamén aos nenos, tamén ao medio ambiente), nunha loita tácita, xa case natural, autodestrutiva.
Táboa extraída da Contabilidade Nacional Trimestral Base 2008 do 28/02/2013 (http://serviciosweb.meh.es/apps/dgpe/TEXTOS/pdf/completos/sie_complet1.pdf) Ainda máis
O consumo de solo na área de Vigo.
O consumo de solo é unha das principais problemáticas en materia de degradación ambiental nos países occidentais, xa que supón a irreversible desaparación de terreos de especial valor productivo, ecolóxico ou ambiental, por causa da expansión dos espazos construídos.
A sociedade de consumo e o engano empresarial.(Primeira parte).
Unha saída a sobreproducción.
Ao longo de toda a historia o ser humano consumiu unicamente os bens e produtos que necesitou para o desenvolvemento normal da súa vida. Pero este hábito de consumo por necesidade foi substancialmente modificado durante o século pasado, pois a comezos do século XX os avances na organización do traballo nos medios produtivos xunto co progreso tecnolóxico deron un forte pulo ás fábricas produtoras aumentando a produtividade. Ainda máis
Que é o consumo?
Empregar os bens e servizos para satisfacer necesidades primarias e secundarias.
En termos económicos enténdese por consumo a etapa final do proceso económico, xa que é o momento no que un ben ou servizo produce algunha utilidade a quen consume.