O consumo de solo é unha das principais problemáticas en materia de degradación ambiental nos países occidentais, xa que supón a irreversible desaparación de terreos de especial valor productivo, ecolóxico ou ambiental, por causa da expansión dos espazos construídos.
Entre 1990 e o 2000, na Unión Euopea, o consumo de solo tivo lugar a un ritmo aproximado de 1000km²/ano.(1)
Trátase dun proceso que en Galicia tivo unha especial incidencia a partir da década de 1960. Para o caso concreto da área de Vigo, o consumo de solo está ligado á localización de todo tipo de construccións no espazo que rodea á cidade. Canto máis accesible se voltou un lugar, máis se acelerou a súa ocupación.
El tipo de crecimiento económico (dependiente de sectores de altos consumos de suelo, como la construcción, el transporte y el turismo), la consolidación y profundización del nuevo modelo de ciudad dispersa y la fuerte inversión en infraestructuras durante el período 1987-2000, son las causas principales.(2)
Se nos ceñimos ao caso da rexión urbana de Vigo, atopámonos cunha coroa duns 10km de radio entorno á cidade central. Nese espazo conformouse unha amalgama de vivendas, espazos comerciais, naves industriais e infraestructuras que conviven con retallos agrícolas e naturais. Este fenómeno recibe o nome de cidade difusa; unha especie de “utopía suburbana” na que todo xira entorno ao individualismo e o coche, pero
esto xa é outro tema.
A mencionada dispersión de edificacións sobre espazos idóneos para a producción agrícola foi a resposta improvisada a necesidades básicas como a vivenda. Pero fronte a isto prolifera un tipo de consumo de solo ligado á especulación inmobiliaria, destinada á segunda e terceira residencia, o que ten máis difícil xustificación. Así, á artificialización de
extensas superficies de solo, debemos sumarlle outros impactos para o territorio, entre os que se atopan a degradación ambiental, a fragmentación dos ecosistemas, a subida dos prezos da vivenda, a xentrificación(3), a sobredimensión de infraestructuras estradais, de saneamento, alumeado e recollida de basuras… entre un largo etcétera.
Na situación actual, e a pesar da crise, grandes grupos inmobiliarios están negociando a construcción de novas urbanizacións. Caracterízanse pola súa maior superficie, o seu público (estranxeiro) e os emprazamento que pretenden, xa que buscan espazos que permaneceron á marxe da expansión urbana, ou sexa, os de especial valor agrícola, ambiental e/ou paisaxístico. Se isto acontecese, sería a derradeira hipoteca para un
territorio no que xa se perderon demasiados recursos locais.
Polos motivos expostos consideramos indispensable preservalos recursos productivos locais (como son os solos de especial valor agrícola) xa que serán unha parte indispensable das novas estratexias de desenvolvemento. Neste sentido, a participación cidadá e a recuperación productiva do territorio son as principais ferramentas con capacidade para frear o irreversible consumo de solo.
1 Comisión Europea (2012) Directrices sobre mejores prácticas para limitar, mitigar o compensar el sellado del suelo, Luxemburgo, Oficina de Publicaciones de la Unión Europea.
2 Observatorio de la Sostenibilidad en España(2006) Cambios de ocupación del suelo en España Implicaciones para la sostenibilidad, Ministerio de Fomento.
3 Proceso de transformación física, social e cultural dun barrio, antigamente degradado eou de clase baixa que acaba sendo de clase media-alta.
Autor: Martín Barreiro Cruz, arquitecto urbanista integrante do estudio RURban