Empregar os bens e servizos para satisfacer necesidades primarias e secundarias.
En termos económicos enténdese por consumo a etapa final do proceso económico, xa que é o momento no que un ben ou servizo produce algunha utilidade a quen consume.
Que é o consumismo?
Definición alternativa: A compra de bens e servizos coma un fin en si mesmo, en tanto que práctica para a obtención de satisfacción persoal ou coma signo de estatus e prestixio social.
Cales son as bases da sociedade de consumo…
A sociedade de consumo de masas é produto do capitalismo que trata de facer chegar os seus produtos a unha parte da poboación o máis ampla posible.
- Coa finalidade de soster o ritmo de producción de mercadorías, as empresas recorren a estratexias de publicidade agresivas e sedutoras para inducir a consumir.
- Os métodos de fabricación baséanse na produción en masa a partir dun alto desenvolvemento tecnolóxico e recórrese á obsolescencia programada que permita a fixación permanente de produtos e servizos.
- Os patróns de consumo están masificados. O consumo de masas asume que se consume o que está de moda sinxelamente como un medio de integración social.
- O consumo a grande escala na sociedade contemporánea compromete seriamente os recursos naturais e o equilibrio ecolóxico,pois implica un constante aumento da extracción de recursos naturais e do despoxo de residuos ata o punto de ameazar a capacidade de rexeneración da natureza deses mesmos recursos imprescindibles para a supervivencia humana.
- As persoas consumidoras finais perden as características dos individuos para pasar a ser considerados como unha masa na que se pode influír e á que se lle poden xerar falsas necesidades.
- Este modelo obriga aos países e persoas pobres a satisfacer o enorme consumo das sociedades “máis desenvolvidas”, o que implica que deixen de satisfacer as súas propias necesidades como a alimentación e a saúde. A maioría das características son deseñadas para satisfacer ao mellor postor.
- As persoas convértense en merxs consumidorxs que atopan o pracer no mero consumo por si mesmo, nin tan sequera no desexo de posuír o produto.
- Para achegarse a poder consumir determinado tipo de produtos as consumidoras que menos recursos posúen teñen que endebedarse. Isto fai que o prezo dos produtos se encareza.
- A escasa duración dos produtos xera unha grande cantidade de lixo e un alto consumo enerxético.
- Créase un marco normativo laxo para as empresas, para que así poidan obter grandes beneficios a través do abuso de dereitos humanos, da explotación da natureza, o emprego de paraísos fiscais,…
- Pervértense os conceptos de liberdade e realización persoal. Pois a realización persoal enténdese como a adquisición e acugulamento de bens, e a liberdade enténdese como a posibilidade de establecer pautas baseándose no que as leis permitan aínda que isto supoña a supresión e violación de dereitos.
Consumo responsable
Baséase na idea de que os seres humanos deberían axustar os seus hábitos de consumo ás súas necesidades reais.
A reflexión básica para realizar un consumo responsable debe basearse en:
- Considerar o impacto ambiental dende o punto de vista do ciclo de vida do produto a mercar (valorar os procesos de produción, transporte, distribución, consumo e residuos que deixa o produto).
- Determinar a pegada ecolóxica que produce determinado estilo de vida e consumo.
- Determinar que empresas, produtos e servizos, respectan o medio ambiente e os dereitos humanos para preferilos fronte a outros que non cumpran cos citados requisitos.
Baséase na diminución controlada da produción económica co obxectivo de establecer unha nova relación de equilibrio entre o ser humano e a natureza, pero tamén entre os propios seres humanos. Rexeita o obxectivo do crecemento económico do liberalismo e busca un cambio radical do sistema. O decrecemento baséase fundamentalmente en: escala reducida, relocalización, eficiencia, cooperación, autoprodución (e intercambio), durabilidade e sobriedade. A conservación do medio ambiente só é posible reducindo a produción económica que está por riba da capacidade de rexeneración natural do planeta.
E ti … que podes facer?
Realiza un consumo responsábel e decrecente, achega estas alternativas ás persoas da túa contorna e reclama ás autoridades o desenvolvemento deste tipo de consumo.
Pensa que un produto ten detrás a persoas, non a marcas. A marca presenta unha personalidade positiva, que agocha deliberadamente a realidade das persoas que están detrás, que pode ser negativa por ir en contra dos dereitos básicos das persoas.
Autor Ecoar))).