Cambia.

Ano 1992 en San Francisco (EUA) nace a Masa Crítica, un movemento en defensa do ciclista urbano e, de forma máis xeral, de promoción da bicicleta como medio de transporte. O seu máximo promotor, Chris Charlsson, é un dos gurús actualmente máis importantes do mundo do ciclismo urbano.

Cambia

Chris Carlsson dá exemplo nas súas conferencias de cómo se debe falar en público, de como explicar unhas ideas de base sobre a movilidade dende a tranquilidade que dá a razón, sen alardes, sen exacervacións, de forma clara e concisa. Ainda máis

O auga, un dereito.

CAMPAÑA AUGAXentes libres de toda Europa conseguiron por medio dunha gran campaña de 1.857.605 sinaturas que a UE estableza uns obxectivos vinculantes para a consecución dunha cobertura universal da auga en tódolos estados membros, considerando que se debe aumentar a súa contribución á realización universal, tamén fóra do seu territorio, do dereito ao auga e ao seu saneamento. Non pode ser que millóns de persoas aínda non poidan acceder aos servizos da auga. Ainda máis

Xentrificación do Casco Vello.

XentrificaciónA xentrificación é un proceso de transformación urbana que dá lugar á rexeneración de barrios abandonados polas institucións. No recoñecemento deste proceso temos que ter en conta varios eixes: abandono, revalorización e chegada de capital privado. Así temos un área da cidade tradicionalmente en estado de abandono por parte das institucións, provocando unha sensación de inseguridade dentro desta para o resto da cidadanía. A continuación teñen lugar políticas orientadas a unha rehabilitación desas áreas facendo que resulte atractiva a entrada de capital, o que provoca a substitución da poboación desa área (de poucos recursos) por outra de maior poder adquisitivo atraída polas novas oportunidades e a nova posta en valor do barrio.

Ainda máis

Que son os dereitos humanos?

Os dereitos humanos son unha convención social que proclama a dignidade de todas as persoas en base a unha única razón: a súa condición humana.

dereitos humanos 1

Así, de forma xurídica, defínese a relación de cada individuo e colectivos coa sociedade universal á que pertencemos, fixando uns criterios fundamentais que aseguren a  dignidade, liberdade e realización de todas as persoas por riba de condicionantes particulares (orixe, sexo, cultura,…) Sigue lendo

Abrir Vigo ao mar: pero desta volta de verdade.

Nos últimos tempos estopouo unha outra burbulla no estado español, a dos barcos privados de recreo; entre 2008 e 2012 houbo unha reducción na nova matriculación do 67%. No mesmo periodo, en Galicia duplicáronse os puntos de amarre, e está previsto voltar a duplicalos ata o 2020. Actualmente o Nautico de Vigo SA (NVSA) está a pasar moitos apuros precisamente pola especulación sobre os amarres do seu “porto deportivo”. En 2009 NVSA e a Autoridade Portuaria impulsaron a creación de 150 amarres para grandes iates na darsena da Laxe, e ademáis pensabase remodelar os das Avenidas para facelos de luxo. O resultado foi nefasto, apenas conseguiuse colocar a metade destes amarres xestionados polo NVSA nestas darsenas de propiedade pública.

esa

Sigue lendo

Os Biosbardos: protectora de animais de Ponteareas.

logo-osbiosbardos

A Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos ten como obxectivo principal a xestión do Refuxio de Animais Abandonados de Ponteareas e a consecución de medios para poder sustentalo xa que carecemos de calquera tipo de axuda pública. Realizamos ademais unha incansable labor de concienciación social sobre o grave problema do abandono e maltrato animal, promovendo a adopción e esterilización.
Ainda máis

Morte en Colombia e lume no Pindo.

O 15 de maio do 2012 entrou en vixencia o tratado de libre comercio entre Colombia e EEUU, da man de grandes promesas de emprego e riqueza para o pobo colombiano. As consecuencias deste acordo non tardaron en deixarse notar. Unha das súas cláusulas, en concreto a 9.7’0, obriga aos agricultores colombianos a empregar semente certificada, especificando ademais que só serán sementes certificadas as producidas por Monsanto, Singenta e “Cía.”.

Morte en Colombia Ainda máis

A manipulación informativa en violencia de xénero.

Rede de mulleres veiñais contra os malos tratosA maioría das novas sobre violencia son prexudiciais para as mulleres e o seu contorno. Os medios de comunicación teñen que contribuir á erradicación da violencia e non proporcionar máis que sensacionalismo e morbo, teñen que falar da realidade e en nome das mulleres que xa non poden defenderse. A falla de investigación nos casos por parte dos medios de comunicación fai que se dea unha información que non se corresponde coa realidade. Dende xa, os medios terían que darlle a seriedade e o rigor necesarios tendo en conta que, doutro xeito, o único que conseguen é que se tome a violencia como algo natural, sen ter en conta o prexuízo que causan ao convertilo en algo sensacionalista sen máis. Os medios de comunicación deberían empregarse para producir cambios sociais, non para promover unha sociedade manipulada para vender máis sen ter en conta a dor das persoas. Non nos debe importar como morreu nin a opinión da veciñanza, o que pasa nunha casa só o saben os que nela moran e produce moitísima impotencia ver como se trasmite unha nova tan dolorosa sen o máis mínimo coidado nen respecto ás persoas que rodean o suceso.

Ainda máis

O dereito á información: compromiso ético.

Na escena actual da sociedade da información, estamos ante un dos retos mais grandes deste século: que historias cremos, cales contamos e cales eliximos que permanezan.

“Temos todos os medios ao  alcance para que a información chegue a todas as partes e sexa un ben para todas, pero temos un reto enorme, que é discernir cando a información é veraz e cando non.”

Temos todos os medios ao alcance para que a información chegue a todas as partes e sexa un ben para todas: a tv, radio, prensa, xunto coas novas plataformas dixitais e redes sociais: blogs, facebook, youtube, twitter…ofrecen un amplo abano; pero temos un reto enorme, que é discernir cando a información é veraz e cando non: aos poderes políticos, económicos e ideolóxicos de toda orde ábreselle milleiros de posibilidades de control non só dos medios senón das nosas opinións. Ainda máis