O auga, un dereito.

CAMPAÑA AUGAXentes libres de toda Europa conseguiron por medio dunha gran campaña de 1.857.605 sinaturas que a UE estableza uns obxectivos vinculantes para a consecución dunha cobertura universal da auga en tódolos estados membros, considerando que se debe aumentar a súa contribución á realización universal, tamén fóra do seu territorio, do dereito ao auga e ao seu saneamento. Non pode ser que millóns de persoas aínda non poidan acceder aos servizos da auga.

“Os obxectivos son claros: 1º Garantir uns servizos da auga e saneamento para toda a cidadanía europea, 2º Non permitir a liberalización dos servizos da auga.”

Os obxectivos son claros: 1º Garantir uns servizos da auga e saneamento para toda a cidadanía europea, 2º  Non permitir a liberalización dos servizos da auga e 3º Obter un acceso universal (e global) á auga e ao seu saneamento.

Eiquí tamén creouse xa fai un tempo una campaña cidadá pola Auga Pública en Vigo. A intención da campaña é, 1º por en coñecemento da cidadanía que o Concello de Vigo, contra o criterio do propio interventor municipal que fixo un informe negativo, decidiu en comisión de goberno ampliar a concesión da auga e o saneamento á AQUALIA, concesionaria dende 1994 do servizo trala privatización de entón da empresa municipal EMAVISA. 2º Que esta decisión se someta a referendo en defensa dunha volta ao sistema público (en forma de empresa municipal de augas) que abaratase o servizo e promover a eficiencia e o aforro de recursos. Para acadar este obxectivo apélase ao artigo 35 do REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ que di: Correspóndelle ao Concello realizar os trámites pertinentes para celebrar a consulta cidadá sobre materias da súa competencia. Tamén se poderá celebrar consulta cidadá a petición colectiva, asinada por un mínimo de veciños non inferior ao 8% do censo electoral municipal, logo da resolución dos acordos interesados. Todo o que non prevé este artigo regularase conforme ao disposto na lexislación estatal ou da Comunidade Autónoma, especialmente a Lei Orgánica 2/1980 de 18 de xaneiro, regulamentadora das diferentes modalidades de referendo.

Anímovos a que colaboredes na consecución das sinaturas, RECUPEREMOS O QUE É
NOSO!! NON A PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO DO AUGA!!

As follas de recollida de sinaturas e máis información as tedes na seguinte páxina:
http://augapublica.blogspot.com.es

Autor Guille Crego, Membro de Democracia Real Xa Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *