Cambia.

Ano 1992 en San Francisco (EUA) nace a Masa Crítica, un movemento en defensa do ciclista urbano e, de forma máis xeral, de promoción da bicicleta como medio de transporte. O seu máximo promotor, Chris Charlsson, é un dos gurús actualmente máis importantes do mundo do ciclismo urbano.

Cambia

Chris Carlsson dá exemplo nas súas conferencias de cómo se debe falar en público, de como explicar unhas ideas de base sobre a movilidade dende a tranquilidade que dá a razón, sen alardes, sen exacervacións, de forma clara e concisa.

“A crise do petroleo dos anos 80 fixo que Alemania e Holanda apostaran pola bicicleta como medio de transporte.”

Mais o Chriss Carlsson non estivo nos comezos da Masa Crítica, alá polo ano 1992, exposto aos insultos e a neglixencia das autoridades. A Masa Crítica en San Francisco, primeira Masa Crítica do mundo, comezou sendo un deses eventos perseguidos. Era común que a policía se levase detidos a todas aquelas persoas que se atrevían a  participar no mesmo. Subir a unha bicicleta volvía ser un acto de REBELDÍA que levaba á policía a chegar a deter a eses PERIGOSOS INDIVIDUOS que levaban a “liberdade” a unha forma de expresión real sen participar só da súa vertente teórica. O efecto chamada
da inxustiza fixo aumentar o número de participantes dunha forma vertixinosa. Apareceron novos reductos Masa Críticos en cidades como Nova Iork ou Los Ángeles que enseguida se transmiriton á vella Europa, moito máis afeita ao uso das dúas rodas e motor humano pero que se fora deixando levar pola presión da industria automobilística nos anos 70 e 80. Sería a crise do petróleo dos anos 80 a que desembocou na transformación das sociedades holandesa e alemana e a que por fin fixo que os propios gobernos destes países remataran por apostar definitivamente pola bicicleta como medio de transporte para reducir a factura petroleira destes países.

Destas historias dedúcense algunhas ensinanzas: os cambios son sempre traumáticos incluso cando a través deles se alcanzan cotas de calidade de vida  superiores. Xa que logo existen dous tipos de crises nas nosas vidas: as que nos serven para cambiar e as que só serven para autocompadecernos. Nas túas mans está elexir en que grupo prefires estar.

Masa Crítica de Vigo. Último venres de mes ás 20h na Praza de América, entrada IES Santa Irene (Vigo).

Autor Gael Sande Avendaño, Membro de Masa Crítica Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *