A xentrificación é un proceso de transformación urbana que dá lugar á rexeneración de barrios abandonados polas institucións. No recoñecemento deste proceso temos que ter en conta varios eixes: abandono, revalorización e chegada de capital privado. Así temos un área da cidade tradicionalmente en estado de abandono por parte das institucións, provocando unha sensación de inseguridade dentro desta para o resto da cidadanía. A continuación teñen lugar políticas orientadas a unha rehabilitación desas áreas facendo que resulte atractiva a entrada de capital, o que provoca a substitución da poboación desa área (de poucos recursos) por outra de maior poder adquisitivo atraída polas novas oportunidades e a nova posta en valor do barrio.
Xentrificación do Casco Vello.
Responder