Que é o diñeiro? (Primeira parte).

O diñeiro é un símbolo que un conxunto de persoas adoptan como elemento clave dun sistema de intercambio de bens e servizos. É dicir trátase dunha convención social, pola cal a un obxecto se lle asigna un valor determinado que sirve de referencia para todas aquelas cousas que esa sociedade considera intercambiables (unha barra de pan, un traballo, un portavións, a vida dunha persoa, unha pena xudicial,…) Ainda máis

Editorial (Maio).

O goberno de Andalucía acaba de dar un paso adiante na loita contra o poder da banca no estado español: a expropiación das vivendas sobre as que pende un desafiuzamento inminente. É un paso pequeno e temporal, que non atalla o endémico problema da vivenda, pero moi positivo porque, asemade de situar no debate público a expropiación coma arma posible contra a banca, o que non é nin moito menos un asunto banal, demostra que a presión dende a rúa da resultados. Ainda máis

A Boia entrevista a… Daniel Ordás, avogado, escritor e político miliciano hispano-suízo

1. Que queres amosar co teu libro?

Que España e os españois somos maduros e estamos dispostos a asumir  responsabilidade. Que aprendemos a lección da crise e non volveremos deixar o noso país en mans duns poucos e sen o máis mínimo control. Para os que aínda dubidan quérolles demostrar que hai modelos alternativos, serios e viables. Ainda máis

A EDUCACIÓN EN DDHH

Amnistia Internacional

O pasado 18 de febreiro as ONG Amnistía Internacional, Intermón Oxfam e Greenpeace presentaron ante o Congreso dos Deputados un Decálogo de peticións, dirixido ao Presidente do Goberno e aos sete grupos con representación parlamentaria, co que pretendían denunciar o que dende moitas organizacións, colectivos e fogares entendemos como unha estafa social, traducida na perda de dereitos, o aumento das desigualdades sociais e o deterioro do medio ambiente. O incremento da pobreza debido ás políticas de austeridade impostas polo goberno, as limitacións no acceso á sanidade, os desaloxos (moitos forzosos), a represión coa que se responde ao dereito de manifestación da cidadanía, a impunidade da evasión fiscal, a mala xestión dos recursos naturais ou os recortes en materia de cooperación son algúns dos aspectos recollidos neste Decálogo. Ainda máis

A Panificadora: infraestrutura pública.

Silos PanificadoraA Panificadora é un dos elementos de patrimonio industrial máis populares de Vigo. Para “Entremos na Panificadora”, esta fábrica abandonada é un espazo de oportunidade.
Trátase de 7.000 m2 de parcela e 12.000 m2 de edificacións, situados no corazón da cidade. Un espazo arquitectónico funcional e singular, co valor engadido de ser símbolo da industrialización viguesa (a Panificadora estivo en activo de 1924 e 1980, chegando a producir pan para 100.000 persoas). Ainda máis

O alcalde de Vigo e a “Cruz dos caídos por Deus e por España” do Castro.

cruz caidos 2
“É necesario cas pedras que se levanten teñan a grandeza dos monumentos antigos que desafíen ao tempo e ao esquecemento”. Así xustificaba, en 1940, o estado franquista o “alzamento” do Val dos Caídos, exemplo que foi repetido en milleiros de localidades do estado español. Ainda máis

Decrecemento ou Crecemento negativo? Da febre do ladrillo á febre do ouro

Os dirixentes mundiais perseguen o crecemento económico a toda costa, importando ben pouco que ás veces sexa necesario organizar algunha guerra para o control do petróleo, o ouro ou os diamantes. Sen entrar a valorar esta violencia extrema, o certo é que o consumo destes e doutros recursos ten data de caducidade, e polo tanto tena tamén este sistema baseado no control e no consumo dos mesmos. Ainda máis