Educación sen Fronteiras impulsa a agroecoloxía en Ecuador.

1.4.5Dende 2010, ESF desenvolve un proxecto para mellorar a educación formal e non formal en aspectos agropecuarios e de produción sostible no sur de Ecuador, que implica tanto colexios de ensino técnico coma organizacións de produtores/ás, administracións  públicas e familias. Durante os tres anos de vixencia do proxecto -que finaliza o último trimestre deste ano- as diferentes actuacións beneficiarán directa e indirectamente a máis de 68.000 persoas entre agricultores, estudantes e docentes das provincias de Loja, Zamora Chinchipe e El Oro. Ainda máis

O actual sistema alimentario: impactos e alternativas.

logotipo_adtO modelo agroalimentario actual está baseado nunha industria globalizada causante de grandes impactos socioeconómicos e ambientais, que afectan especialmente aos países empobrecidos. O acceso a produtos fóra de tempada e a variados alimentos exóticos e tropicais, así como as políticas comerciais promovidas pola Organización Mundial do Comercio (OMC) e outros organismos internacionais, estimularon un modelo baseado na deslocalización da produción e na importación e exportación internacional de alimentos en detrimento dun modelo de produción e distribución local. Ainda máis

Garantías constitucionais nos dereitos fundamentais.

foto6O dereito á alimentación é un dereito humano que garante o acceso e gozo dunha alimentación digna, sexa producindo o propio alimento ou adquirídoo; para poder producir, unha persoa necesita terra, sementes, auga e outros recursos, e para compralo, necesita diñeiro e a posibilidade de acceder ao mercado. Ainda máis

Festa de lanzamento do número 4 o sábado 6 de xullo.

cartel festa 4O próximo sábado día 6  as oito e media na Cova dos Ratos ( rúa Romil nº 3 ) montamos outra pequena festa para celebrar a saída do número 4 da revista. Además de boa compaña e boa conversa poderemos disfrutar da actuación de Tristecentos Versos, poesía e música a cargo de Silvia Penas, Elvira RIbeiro, Xabier Xil e Carina Posse. Tamén haberá rifas ( para disfrutar dunha cea para dous na Cova e dunha ilustración orixinal ), petiscos, etc animádevos e vinde a disfrutar do espectáculo.

 

Os recortes na Universidade de Vigo.

207382_103326543187469_384802216_nA nosa Universidade está a sufrir o comezo dunha época que só se pode catalogar como triste e lamentable. Unha época de recortes, de precariedade, de perda de calidade educativa, de privatización e mercantilización. As primeiras medidas están afectando especialmente ao Persoal Docente Iventigador (PDI) e o Persoal de Administración e Servizos (PAS), afectando consecuentemente ao estudantado: suba de horas, descenso de salario e non renovación de contratos son as tres características principais da política que a Reitoría, monicreque ás ordes do ministro Wert, está a aplicar este ano, e seguirá aplicando os vindeiros. Ainda máis

Pequeno acto de atrevemento.

Cultura contra a mentira

Falaría de consumo, de produtos e de economía se con isto non sentira que só estou a empregar palabras roubadas aos seres humanos, palabras malladas, azoutadas e falsificadas. Se lembrase que non hai moito tempo a especie humana aínda cazaba para alimentarse, abrigarse e construír un lugar no que se resgardar e que entre os seres humanos había verdadeiros actos de intercambio, entón sentiría que estaría a falar de necesidade e de cultura. Ainda máis