A Boia entrevista a… Daniel Ordás, avogado, escritor e político miliciano hispano-suízo

1. Que queres amosar co teu libro?

Que España e os españois somos maduros e estamos dispostos a asumir  responsabilidade. Que aprendemos a lección da crise e non volveremos deixar o noso país en mans duns poucos e sen o máis mínimo control. Para os que aínda dubidan quérolles demostrar que hai modelos alternativos, serios e viables. Ainda máis

A EDUCACIÓN EN DDHH

Amnistia Internacional

O pasado 18 de febreiro as ONG Amnistía Internacional, Intermón Oxfam e Greenpeace presentaron ante o Congreso dos Deputados un Decálogo de peticións, dirixido ao Presidente do Goberno e aos sete grupos con representación parlamentaria, co que pretendían denunciar o que dende moitas organizacións, colectivos e fogares entendemos como unha estafa social, traducida na perda de dereitos, o aumento das desigualdades sociais e o deterioro do medio ambiente. O incremento da pobreza debido ás políticas de austeridade impostas polo goberno, as limitacións no acceso á sanidade, os desaloxos (moitos forzosos), a represión coa que se responde ao dereito de manifestación da cidadanía, a impunidade da evasión fiscal, a mala xestión dos recursos naturais ou os recortes en materia de cooperación son algúns dos aspectos recollidos neste Decálogo. Ainda máis

A Panificadora: infraestrutura pública.

Silos PanificadoraA Panificadora é un dos elementos de patrimonio industrial máis populares de Vigo. Para “Entremos na Panificadora”, esta fábrica abandonada é un espazo de oportunidade.
Trátase de 7.000 m2 de parcela e 12.000 m2 de edificacións, situados no corazón da cidade. Un espazo arquitectónico funcional e singular, co valor engadido de ser símbolo da industrialización viguesa (a Panificadora estivo en activo de 1924 e 1980, chegando a producir pan para 100.000 persoas). Ainda máis

O alcalde de Vigo e a “Cruz dos caídos por Deus e por España” do Castro.

cruz caidos 2
“É necesario cas pedras que se levanten teñan a grandeza dos monumentos antigos que desafíen ao tempo e ao esquecemento”. Así xustificaba, en 1940, o estado franquista o “alzamento” do Val dos Caídos, exemplo que foi repetido en milleiros de localidades do estado español. Ainda máis

Decrecemento ou Crecemento negativo? Da febre do ladrillo á febre do ouro

Os dirixentes mundiais perseguen o crecemento económico a toda costa, importando ben pouco que ás veces sexa necesario organizar algunha guerra para o control do petróleo, o ouro ou os diamantes. Sen entrar a valorar esta violencia extrema, o certo é que o consumo destes e doutros recursos ten data de caducidade, e polo tanto tena tamén este sistema baseado no control e no consumo dos mesmos. Ainda máis

Por que nos interesa rematar cos paraísos fiscais?

Paraisos fiscais europeos

O recente escándalo do ex-tesoureiro do PP, o de Iñaki Urdangarín, ou o da Gurtel, teñen todos un elemento en común: os paraísos fiscais (ou PF). Estes son lugares, moitos deles situados en pequenas illas ou países, que ofrecen opacidade a todos aqueles que pretenden evadir impostos do fisco. Ainda máis

Inicio do verdadeiro cambio, o proceso constituinte.

ConstituintesNo panorama actual, cun sistema democrático que fai auga por todas partes desemprego insoportable, xustiza desprestixiada, corrupción política, negocios ilegais da monarquía, banqueiros indultados,…), é difícil atopar un raio de esperanza.

Pero hai ferramentas para trocar esta sociedade antihumana na que vivimos, que pon o diñeiro por riba das persoas. Diante de nós temos as solucións do noso labirinto social, que só poden chegar da nosa man. Ainda máis

Que son as forzas e corpos de seguridade do estado? (Terceira Parte)

repartindo leña

Como evitan as forzas de seguridade as consecuencias destas irregularidades?

Partindo de que as Forzas de Seguridade son parte do estado e, polo tanto, responsabilidade dos gobernos, o sistema actual protexe e tapa as faltas cometidas
polos membros das mesmas a través de diferentes mecanismos. Ainda máis

Que son as forzas e corpos de seguridade do estado? (Segunda Parte)

Que irregularidades cometen?

Emprego desproporcionado da violencia. En moitas ocasións as forzas de seguridade empregan a forza a pesar de haber un clima pacífico na protesta. Isto é o que sucedeu, por exemplo, en maio de 2011 en Plaça Catalunya, onde se cargou contra a xente que estaba a protestar sentada no chan. Ainda máis

Que son as forzas e corpos de seguridade do estado? (Primeira Parte)

Organismos públicos que:

  • funcionan como brazo executivo do poder xudicial.
  • fan cumprir as leis ditadas polo lexislativo a través do emprego da forza.
  •  “teñen como misión protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá” (artigo 104.1 da Constitución Española ).

Ainda máis