Neste número denunciamos a que é a ferramenta fundamental e mellor utilizada polo capitalismo: o consumismo. É a chave para comprender o sistema actual. Todo, absolutamente todo o que move hoxe o mundo, ten que ver co consumismo de forma predominante. Pensemos nos grandes conflitos bélicos dos que, de xeito interesado, se difunde a dimensión relixiosa, independentista ou étnica (entre outras) e nunca os intereses económicos que fican deliberadamente agochados e que sempre xiran en torno a obtención de recursos ou a comercialización de produtos. Ainda máis
Arquivos da etiqueta: Artigos
Porque é importante informarse sobre economía
As persoas que estamos preocupadas por mellorar a sociedade precisamos abrir un debate. Denunciamos as barbaridades do sistema pero non profundizamos sobre o uso que fai a oligarquía sobre certos termos. Termos como “paro”, “débeda”, “diñeiro”, “inflación”, “mercados”, “capital”, “produtividade”, … sobre os que moitos receptores teñen limitado o seu concepto. Palabras repetidas constantemente nos medios como dogmas inalterables.
Galicia e a banca do Potosí.
Xa non abonda con cantar aquilo de Galicia, gran carallo de sal. En realidade Galicia vai camiño de se converter nun siniestro total por esfarelamento en fundido do queixo furado. A este paso conseguiremos comunicar subterraneamente con Yanacocha en Perú (ouro) ou coas antípodas neocelandesas en Waihi (ouro) amigándonos co pobo mongol de Baotou en China (terras raras) e mandándolle un hei carballeira! pola festa do patrón á parroquia de Barberton en Sudáfrica (ouro). Ainda máis
Os privilexios da banca que quizás non saibas.
Hoxe en día estamos a vivir unha crise tremenda, orixinada nas prácticas da banca de inversión e comercial a nivel internacional. Aínda que hoxe a sabedoría “popular” creada polos mass media quere facernos ver que a crise depende na súa solución do déficit público, o certo é que este non ten nada que ver coa orixe da crise, nin ten nada que ver coa súa solución real. A orixe da crise está nun sector financeiro sobredimensionado, e que conta cuns privilexios desmesurados, que dan a este sector, formado e dirixido por unha pequena elite, un poder enorme sobre as nosas vidas. E que non empregan no noso ben, senón para o seu beneficio. Ainda máis
FIARE, unha realidade de banca ética participativa.
Queremos saber que se fai cos nosos cartos e construír alternativas para a transformación da realidade. Por iso precisamos ferramentas de finanzas éticas coma
Fiare, rede conformada por 4000 persoas físicas e xurídicas que a nivel estatal estamos a constituir unha cooperativa de crédito sen ánimo de lucro. Na Galiza, xa somos socias 26 colectivos, 1 concello e 246 persoas a título particular. Ainda máis
Asociación cultural Bou Eva : un espazo para a autoxestión.
Poucas son as persoas de Vigo que coñecen a existencia dos Centros Sociais desta cidade, os motivos polos que foron creados e as actividades que neles se desenvolven.
Por que se seguen a ocupar os territorios palestinos?
Esta era a pregunta que se facía o economista israelí Shir Hever no seu libro A política económica da Ocupación Israelí.
Que é o diñeiro? (Segunda parte)
Tan importante como a forma de diñeiro que temos é o volume de diñeiro que se pon en circulación. Da relación entre o diñeiro e mercancias en circulación depende o valor do diñeiro (o fenómeno da inflacción/deflacción). Ainda máis
Que é o diñeiro? (Primeira parte).
O diñeiro é un símbolo que un conxunto de persoas adoptan como elemento clave dun sistema de intercambio de bens e servizos. É dicir trátase dunha convención social, pola cal a un obxecto se lle asigna un valor determinado que sirve de referencia para todas aquelas cousas que esa sociedade considera intercambiables (unha barra de pan, un traballo, un portavións, a vida dunha persoa, unha pena xudicial,…) Ainda máis
A EDUCACIÓN EN DDHH
O pasado 18 de febreiro as ONG Amnistía Internacional, Intermón Oxfam e Greenpeace presentaron ante o Congreso dos Deputados un Decálogo de peticións, dirixido ao Presidente do Goberno e aos sete grupos con representación parlamentaria, co que pretendían denunciar o que dende moitas organizacións, colectivos e fogares entendemos como unha estafa social, traducida na perda de dereitos, o aumento das desigualdades sociais e o deterioro do medio ambiente. O incremento da pobreza debido ás políticas de austeridade impostas polo goberno, as limitacións no acceso á sanidade, os desaloxos (moitos forzosos), a represión coa que se responde ao dereito de manifestación da cidadanía, a impunidade da evasión fiscal, a mala xestión dos recursos naturais ou os recortes en materia de cooperación son algúns dos aspectos recollidos neste Decálogo. Ainda máis