Precisas un único limón, poñamos que para un cóctel. Vas ao “súper”, e descobres que xa non os venden soltos, só en mallas de 1 kg a 1,49 euros; dubidas, sénteste un chisco estafada, pero os mercas. Xa de camiño a casa, les a etiqueta do saquiño: “Orixe: Chile”. O día seguinte, no mercado fíxaste no prezo da froiteira: limón “do país” 2,49 euros/kg. Pregúntaste: pero como? Non hai custos de transporte? Os chilenos non pagan impostos de importación?
Ainda máis
GOVI, á busca dos restos da balea mecánica.(II)
A antiga factoría de pan situada no punto culminante da cidade de Vigo, servía dende tempos inmemoriais de guarida do Capitán Sireno. Cunha vista impenetrable sobre a Ría, o Capitán Sireno encargábase de moderalo tráfico marítimo. Ainda máis
GOVI, á busca dos restos da balea mecánica.(I)
O camiño de Tirán.
Se xeneralizamos un chisco, podemos afirmar que os espazos costeiros, no que respecta á Ría, son vistos como “oportunidades” para a edificación (de casas, de chalés, hoteis ou galpóns). Con elas chega a “urbanización”, ou sexa, os servizos de carácter urbano como a luz eléctrica, o saneamento… pero tamén a “mellora” dos camiños para convertelos en estradas.
En Galicia existe un outro problema e ten que ver coa identificación entre pichi e progreso. Así é que a ninguén le sorprende escoitar, no tocante ás estradas, que “canto máis anchas sexan, mellor” Ainda máis
A “mudanza global” da pesca en Galicia.
A temperatura media en Galicia incrementouse 0,7 graos nas últimas décadas. Segundo un informe do CSIC, a produtividade na plataforma galega ven descendendo nas derradeiras décadas; un 40% dende os anos 50 ata a actualidade. A mudanza climática global altera o réxime de circulación atmosférica, habendo cada vez menos ventos do Norte e con menos intensidade na nosa costa. Os ventos do Norte arrastran as augas superficiais da costa cara o mar, e este volume de auga así desprazado é ocupado por augas profundas cargadas de nutrientes. O afloramento destas augas, en contacto coa luz solar fai que medren as algas que constitúen a base da cadea trófica mariña, da que formamos parte dende hai milenios.
“Segundo un informe do CSIC, a produtividade na plataforma galega ven descendendo nas derradeiras décadas; un 40% dende os anos 50 ata a actualidade.”
Editorial (Setembro).
O litoral, a terra e as augas costeiras son se cadra o ben público máis valioso que temos. Praias, cantís, dunas, beiramares, esteiros,… son espazos naturais cunha gran riqueza medioambiental, social e económica limitados: hai o litoral que hai e é imposible crear outro. Ainda máis
A Boia entrevista a… Jose Manuel Estévez, membro da plataforma de afectados de Liñeiriños.
Para vos, como comuneiros, cales son as principais razóns para oporse ao proxecto de Porto Cabral?
A venda do monte,e o destrozo dunha superficie forestal de moito valor.
Que procurades dende a Plataforma de Afectados por Liñeiriños?
Que non se realice o proxecto. Ainda máis
Que é iso das redes libres?
Empresas como Facebook, Twitter ou Google fannos crer que nos regalan servizos, na realidade nos converten na súa materia prima, usando os seus servizos poñemos máis diñeiro nas súas contas e poñemos as nosas comunicacións nas súas mans, facémonos dependentes. Ainda máis
O arrastreiro “Bernardo Alfageme” : para que investimos en patrimonio histórico-cultural?
A finais de 1999 unha xoia do patrimonio histórico galego estivo a piques de desaparecer. O Bernardo Alfageme, un arrastreiro feito en Barreras en 1944 que foi un auténtico pioneiro da industria pesqueira galega, despois de 55 anos traballando no Gran Sol, Terranova e outros caladoiros “galegos”, estaba camiño do despezamento. Ainda máis
O monte é noso _ Sachando procomún.
O Monte é noso_Sachando procomún é un proxecto colaborativo e horizontal que procura a visibilización dos Montes Veciñais en Man Común (MVMC) e das Comunidades que os xestionan, así como a (re)apropiación destes montes por parte da veciñanza por seren os garantes na sustentabilidade dos territorios. Aspira a entender novos modelos de gobernanza como exemplo activo de procomún. Ainda máis