Empresas como Facebook, Twitter ou Google fannos crer que nos regalan servizos, na realidade nos converten na súa materia prima, usando os seus servizos poñemos máis diñeiro nas súas contas e poñemos as nosas comunicacións nas súas mans, facémonos dependentes.
Unha das formas máis coñecidas de liberar tecnoloxía é o software libre, coa súa vertente máis coñecida, Linux. Pero iso non é todo, moitos somos as persoas que pensamos que as tecnoloxías non deben ser ferramentas do capitalismo, pensamos que si poden ser ferramentas de loita contra este, que poden servir para mellorar as nosas condicións de vida, somos conscientes de que antes disto, toda tecnoloxía útil así como todo coñecemento deben ser liberados, é dicir, non estar baixo o control da oligarquía, deben estar baixo control popular.
Non nos contentamos con que nas nosas computadoras só haxa software libre, tamén estamos creando un mundo libre en internet. Unha parte deste son as redes libres.
Para que unha rede sexa considerada libre pedímoslle os seguintes requisitos:
- Estar realizada con software libre,compartir o código.
- Non espiar aos seus usuarios, non vender datos dos seus usuarios.
- Non censurar.
E se nos poñemos máis estritos:
- Ser unha rede distribuída e federada, é dicir, non estar nun só servidor e dominio, senón permitir que distintos individuos ou colectivos instalen nos seus servidores os seus propios nodos desta rede, pero que os usuarios destes nodos poidan interactuar como se dunha soa rede se tratara. Desta maneira ninguén posúe a info de todos os usuarios, ninguén posúe os arquivos de todos os usuarios e… pode caer un nodo, ou poden caer moitos nodos, pero nunca toda a rede.
- Estar construída, sostida e administrada de maneira social-comunitaria.
Un dos mellores exemplos é Diaspora.
Por iso vos invitamos a Diaspora.
Autor Juan Santiago Ruetter.Membro de 15-M Conciencia Social.