A Boia entrevista a… Jose Manuel Estévez, membro da plataforma de afectados de Liñeiriños.

LiñeiriñosPara vos, como comuneiros, cales son as principais razóns para oporse ao proxecto de Porto Cabral?

A venda do monte,e o destrozo dunha superficie forestal de moito valor.

Que procurades dende a Plataforma de Afectados por Liñeiriños?

Que non se realice o proxecto.

É criticable a actuación da directiva da comunidade de montes  neste asunto? É a do Concello?

Moi criticable, pois pretendía levalo a cabo dun xeito oscurantista, e co apoio do Concello de Vigo.

Cal é situación actual? Cal sería o próximo paso?

Estamos agardando que a xunta rectora convoque novas asembleas. A nosas accións irán encamiñadas a informar a todas a veciñanza do destrozo forestal e ecolóxico que causaría, e a perda de postos de traballo no sector comercio de toda a cidade.

En que estado se atopa actualmente o monte en Liñeiriños? É proveitoso para a veciñanza?

Do lugar que falamos non é propiamente un monte, senon un parque forestal, o cal se atopa perfectamente conservado, e é un lugar de esparcimento para toda a cidade. O resto do monte de Cotogrande é de producción forestal, o cal xenera ingresos que repercuten en beneficio da parroquia.

Autor foto Fran Riveiro

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *