A soberanía alimentaria galega é a potestade do pobo galego para definir as súas propias políticas agrarias e alimentarias de acordo con obxectivos de desenvolvemento sostíbel e seguridade alimentaria. Iso implica a protección do mercado alimentario galego contra os produtos excedentarios que se venden máis baratos no mercado internacional, e contra a práctica do dumping e xa que logo a venda por baixo dos costos de produción.
Arquivo da categoría: Artigos
A especulación urbanística causa o deterioro do Barrio do Cura
A comezos do mes de novembro boa parte dos perpiaños de granito que conformaban os números 10, 11, 12, e 13 do Barrio do Cura. Este singular conxunto de vivendas populares do s XIX, que contaban con solainas, pórticos e lavadoiro comunal, foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 2006, e leva (igual có resto do barrio) 15 anos en situación de abandono por parte dos seus propietarios, “Valery Karpin Asociados Inmobiliarios”, e máis polo Concello de Vigo, que é o responsable legal da súa conservación (Art. 4 Lei 8/1995).
“Nos últimos días esboroáronse boa parte dos perpiaños de granito que conformaban os números 10, 11, 12, e 13 do Barrio do Cura. Uns dos poucos elementos de patrimonio histórico que Concello e Karpin & Cía. pretendían conservar”
Trala cortina de fume
Os tiburóns gostan das augas cada vez máis cálidas do Gran Sol, cebándose nas pescadas que pescamos ao palangre. Houbo que moverse. A vida do mariñeiro é dura. Mesmo cando hai peixe, non sabe o que vai gañar, pois o prezo de venda do que dependen as súas ganancias pono o que paga.
A discriminacións ás persoas migrantes no acceso a RISGA
Ningunha persoa sen dereitos!
Foi un dos berros máis repetidos na mañá do 11 de novembro na concentración ás portas da delegación da Xunta de Galiza en Vigo.
Con este acto convocado polo Foro Galego de Inmigración (FGI), a Oficina de Dereitos Sociais de Coia e o Grupo de Axitación Social queriamos denunciar a discriminación que sofren as persoas migrantes comunitarias no acceso á RISGA.
“No labirinto institucional e burocrático atopamos múltiples fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia”
Fútbol, cartos públicos e corrupción
Obras paralizadas do Novo Mestalla, Valencia.
Foto: Antonio Marín Segovia
O fútbol de máis alto nivel levitou sempre por encima do resto de poderes públicos, sabedor que a masa social que arrastra o dota dunha forza ante os gobernantes que éstos, por cuestións electorais, non poden desdeñar.
Eso é o que ocurriu no ano 1995. O Real Decreto (RD) 449/1995, de 24 de marzo, polo que se modifica e completa o RD 1084/1991, de 5 de xullo, sobre Sociedades Anónimas Deportivas esixía no seu artígo 1 que todas as sociedades anónimas deportivas debían acreditar estar ao corrente das súas obrigas tributarias.
Dous clubes de fútbol, o Sevilla CF e o Celta SAD non puideron certificar antes do prazo outorgado as esixencias do Real Decreto. Ambos clubes debían descender de categoría.
As aficións movilizáronse e convocaron multitudinarias manifestacións desde o mesmo día 1 de agosto. A reacción do goberno non se fixo esperar, Rubalcaba tras un consello de ministros dixo: “o goberno espera encontrar unha solución aos descensos do Sevilla e o Celta á 2ª B que non sancione ás aficións”.
“Unha compra de terreos ao Real Madrid do Concello e a Comunidade é considerada de dubidosa legalidade e investigada
pola Comisión Europea“
A corrupción move os cementos do sistema
Durante décadas, as elites do sistema financeiro, grandes empresas, fondos de inversión, cúpulas políticas, etc. fixeron da corrupción un modo de acumular fortunas, procedentes xeralmente dos impostos dos cidadáns. A impunidade era absoluta. Ninguén ousaba abrir a lata so pena de ser inhabilitado, mesmo a xustiza é condenada polo seu atrevemento. A xustiza podía xulgar e condenar a un pilla galiñas, pero a esa reducida elite… nin tocala.
Formigón para o porto de Punta Langosteira
foto: Santi Villamarín
Berra , Berra Mariñeiro.
Esta é a historia de catro vellos mariñeiros aos que lles roubaron o sustento deixándoos sen traballar.
As súas vida ata daquela discorrían ao ritmo das mareas, seguindo o camiño das correntes, empuxados polo constante vaivén das ondas con sabor a sal. Ainda máis
Os SPG: Sistemas Participativos de Garantía
Fronte aos selos “oficiais” de certificación ecolóxica dos alimentos) xorden os Sistemas Participativos de Garantía, xa en marcha dende hai anos nalgúns países como Brasil, Perú, Uruguai, Nova Zelandia, Chile, Bolivia… Na península en Andalucía e Murcia. Ainda máis
Contra a globalización alimentaria.
Todo o tocante á alimentación preocúpanos (ou debería), xa que todo ser humano debe tomar auga e comida. A alimentación iguálanos a todos no nivel das necesidades. Moito máis nun mundo no que suceden evitables mortes por fame e sede mentres no mundo occidental a obesidade, a bulimia ou a anorexia pasan da anécdota ao problema. Ainda máis
Reflexións en novembro do 2014.
Foto: Ondrej Kloucek
As organizacións sociais levan miles de anos evolucionando, ao meu ver, a cabalo da conciencia colectiva da humanidade. Opino que no continuo humano non se atopan protagonistas desa historia, acaso referentes. Todas somos participantes. O sistema engloba mesmo aos que están na súa cima, camuflada entre títeres de cores diversas.
Occidente vive un proceso en que os estados perden poder fronte as transnacionais mentres os partidos tradicionais perden credibilidade ante sectores cada vez máis amplos. No estado español o descontento cristalizou nun movemento que rapidamente tivo o seu reflexo no panorama electoral. Hoxe “os indignados” puxan con forza pola xestión do 50% do PIB controlado polo gasto público e mais polo acceso ao control da
xeración de regras de xogo.
A conquista da Moncloa pode ser unha arma de dobre fío, una trampa, un perigo que debemos afrontar, xuntas, conscientes dos cambios que queremos para estar millor, dándonos tempo para achegarnos e tomar boas decisións. No camiño do sentido común, seica seremos capaces de repartir o que hai e aproveitar o que temos, deixándonos tempo para disfrutar, sentir e comprender a vida e o noso rol nela, a nosa esencia.
“Os poderes fácticos son inmunes ao pulo electoral e ás presións sociais. Poden tumbar gobernos trasladando empresas, creando guerras, devaluando monedas ou activos bursátiles. ”
Mais, por desgraza, os poderes fácticos son inmunes ao pulo electoral e ás presións sociais. Poden tumbar gobernos trasladando empresas, creando guerras, devaluando monedas ou activos bursátiles. Mais non son inmunes ao consumo e podemos organizarnos. A alimentación, a enerxía, a educación, a sanidade, son áreas nas que xa hai asociacións de produtores e consumidores que escapan á lóxica capitalista.
Hoxe, degustando unha crema de landra e laranxa, uns amigos déronme un tríptico do seu proxecto: Fóra do Linde, produtores ecolóxicos. Aproveitar e valorizar os recursos locais é unha obviedade que non debemos obviar, outro punto de encontro
coa realidade e co outro. Pouco a pouco.
Os camiños son moitos, alta é a complexidade deste xogo no que todas temos un papel importante. Os diversos colectivos que se están a nuclear deben atopar o seu lugar para ser funcionais. Poden pasar tantas cousas… Ata pode que os donos do planeta decidan liberarse da súa carga! Sería mellor para eles, mais non se pode contar con iso. Hai que seguir, xuntas.
Juan Pablo Forti.