Obras paralizadas do Novo Mestalla, Valencia.
Foto: Antonio Marín Segovia
O fútbol de máis alto nivel levitou sempre por encima do resto de poderes públicos, sabedor que a masa social que arrastra o dota dunha forza ante os gobernantes que éstos, por cuestións electorais, non poden desdeñar.
Eso é o que ocurriu no ano 1995. O Real Decreto (RD) 449/1995, de 24 de marzo, polo que se modifica e completa o RD 1084/1991, de 5 de xullo, sobre Sociedades Anónimas Deportivas esixía no seu artígo 1 que todas as sociedades anónimas deportivas debían acreditar estar ao corrente das súas obrigas tributarias.
Dous clubes de fútbol, o Sevilla CF e o Celta SAD non puideron certificar antes do prazo outorgado as esixencias do Real Decreto. Ambos clubes debían descender de categoría.
As aficións movilizáronse e convocaron multitudinarias manifestacións desde o mesmo día 1 de agosto. A reacción do goberno non se fixo esperar, Rubalcaba tras un consello de ministros dixo: “o goberno espera encontrar unha solución aos descensos do Sevilla e o Celta á 2ª B que non sancione ás aficións”.
“Unha compra de terreos ao Real Madrid do Concello e a Comunidade é considerada de dubidosa legalidade e investigada
pola Comisión Europea“
Atopouse a solución. Os clubes que incumpriron a súas obrigas seguiron en 1ª división saltándose a lei. Para que non voltase a ocurrir, José Mª Aznar, recollendo a luva de Rubalcaba, eliminou mediante outro RD todas as obrigas económicas e con Facenda que se establecían no anterior RD do goberno socialista.
Débedas con Facenda
Os tratos de favor e a laxitude coa que os gobernos trataron ao mundo do fútbol derivaron nunha débeda brutal con Facenda que en marzo de 2013 foi revelada polo goberno, gracias a unha pregunta do deputado socialista Manuel Pezzi, e que ascendía a 663 millóns de euros.
O protocolo asinado por J. Ignacio Wert, ministro de cultura e deportes; Miguel Cardenal, presidente do CSD e J. L. Astiazarán, presidente da LFP, para garantir o cobro das débedas con Facenda establece que, debido ao impacto do fútbol no país e a imaxe que éste outorga a España, é necesario garantir a pervivencia dos clubes de fútbol.
Un dos puntos do protocolo, asinado o 25 de abril do 2012, dice o siguiente: “Non houbo nen haberá axudas públicas para rebaixar a débeda que manteñen os clubes de fútbol. A débeda do fútbol a pagará o fútbol”.
Fútbol con cartos públicos
Só un ano despois da sinatura do protocolo a deputación de Lugo aprobou unha axuda de 900.000 euros para a conversión en SA do clube lucense. A medida foi aprobada co voto a favor do PP e o PSOE. Se ben non se pode establecer que os 900.000 euros de diñeiro público sexan para pagar unha posible débeda do clube con Facenda, esta medida mostra o continuo fluxo de cartos públicos ós clubes de fútbol.
“Unha compra de terreos ao Real Madrid do Concello e a Comunidade de Madrid é considerada de dubidosa legalidade e investigada pola Comisión Europea“
As axudas con cartos públicos ós clubes de fútbol é práctica habitual en España. Joaquín Leguina aportou 200 millóns de pesetas ao Real Madrid para a construcción dun pabellón e 75 ao Atlético de Madrid para aliviar a súa situación económica no 1985. Desde entón, as operacións urbanísticas da Comunidade de Madrid e o Concello co Real Madrid foron habituais. No 1986 realizouse un troco de terreos que custou ao goberno de Madrid 3.000 millóns de pesetas. No 1998 o consistorio e a Comunidade mercáronlle ao Real Madrid uns terreos por valor de 27 millóns de euros. A comisión europea considera que esta troca de terreos que realizou o Concello de Madrid co clube branco ten dubidosa legalidade, e investiga se con esta operación urbanística outorgaron axudas irregulares.
Camps ao rescate
Un dos casos máis chamativos de axudas públicas a un clube de fútbol é o que se deu no País Valencià co Valencia, Elche e Hércules a través do Instituto Valenciano de Finanzas (IVF). O expresidente da Generalitat, Francisco Camps, foi o auténtico financiador dos clubes de fútbol da súa comunidade, comprometendo ata 118 millóns de euros de diñeiro público.
O Valencia CF pasóu a ser unha empresa pública ao controlar a Generalitat o 70% do accionariado ao executar Bankia o aval dun préstamo de 81 millóns de euros que o IVF dera ao Valencia CF para a compra dunhas accións no 2009. Afortunadamente, unha sentencia exonerou á Generalitat do aval, ainda que non se coñece procedemento xudicial sobre os responsable de dito aval, que en boca do xuíz, foi ruinoso e repleto de riscos. Os préstamos avalados pola
Generalitat ao Elche e o Hércules por valor de 32 millóns de euros tampoco foron pagados e pasaron a ser responsabilidade da Generalitat.
O fútbol sempre foi un aliado do poder para templar ao pobo. Nunhas
circunstancias sociais e económicas como as actuais ainda máis. Apelar á Marca España nun protocolo para o pago das débedas con Facenda dos clubes de fútbol é só un elemento máis que mostra a importancia do fútbol para o poder. Zapatero no ano 2010 anunciou que a reforma laboral aprobaríase o 16 de xuño “haxa ou non acordo”. Ese día era o do debut da selección española de fútbol no
mundial de Sudáfrica.
* Tradución e resumo da redacción d’A Boia do artigo de Antonio Mestres: “Fútbol, dinero público y corrupción; nº 14 de La Marea, Marzo 2014“