A “mudanza global” da pesca en Galicia.

2.6.2.1A temperatura media en Galicia incrementouse 0,7 graos nas últimas décadas. Segundo un informe do CSIC, a produtividade na plataforma galega ven descendendo nas derradeiras décadas; un 40% dende os anos 50 ata a actualidade. A mudanza climática global altera o réxime de circulación atmosférica, habendo cada vez menos ventos do Norte e con menos intensidade na nosa costa. Os ventos do Norte arrastran as augas superficiais da costa cara o mar, e este volume de auga así desprazado é ocupado por augas profundas cargadas de nutrientes. O afloramento destas augas, en contacto coa luz solar fai que medren as algas que constitúen a base da cadea trófica mariña, da que formamos parte dende hai milenios.

“Segundo un informe do CSIC, a produtividade na plataforma galega ven descendendo nas derradeiras décadas; un 40% dende os anos 50 ata a actualidade.”

Ainda máis

A Boia entrevista a… Jose Manuel Estévez, membro da plataforma de afectados de Liñeiriños.

LiñeiriñosPara vos, como comuneiros, cales son as principais razóns para oporse ao proxecto de Porto Cabral?

A venda do monte,e o destrozo dunha superficie forestal de moito valor.

Que procurades dende a Plataforma de Afectados por Liñeiriños?

Que non se realice o proxecto. Ainda máis

O arrastreiro “Bernardo Alfageme” : para que investimos en patrimonio histórico-cultural?

bernardo alfageme 2010A finais de 1999 unha xoia do patrimonio histórico galego estivo a piques de desaparecer. O Bernardo Alfageme, un arrastreiro feito en Barreras en 1944 que foi un auténtico pioneiro da industria pesqueira galega, despois de 55 anos traballando no Gran Sol,  Terranova e outros caladoiros “galegos”, estaba camiño do despezamento. Ainda máis

O monte é noso _ Sachando procomún.

logo-peq-rojo2O Monte é noso_Sachando procomún  é un proxecto colaborativo e horizontal que procura a visibilización dos Montes Veciñais en Man Común (MVMC) e das Comunidades que os xestionan, así como a (re)apropiación destes montes por parte da veciñanza por seren os garantes na sustentabilidade dos territorios. Aspira a entender novos modelos de gobernanza como exemplo activo de procomún. Ainda máis

Hai quen vai ao monte e só mira leña…

montes_2

Vivo rodeada de monte. A cen metros da casa baixa un río, nas marxes hai salgueiros, castiñeiros, sabugueiros, carballos e todas as múltiples plantas que adoitan vivir nas ribeiras, sempre e cando as augas baixen limpas.Tamén, pintada de verde, para camuflarse? está a urbanización ilegal: os seis chalés que non poden venderse, á espera de ser legalizados… pero esa é outra historia. Cara arriba comezan as acacias, logo piñeiros e eucaliptos xuntos, máis alá só eucaliptais e, cara á esquerda, o monte que ardeu hai dous anos, azulado polo agromo, de novo, dos eucaliptos (28% da superficie arborada de Galicia). En fronte vexo unha zona extensa de solo queimado, onde intentan medrar carballos. A comunidade de montes decidiu eliminar as acacias talalándoas e botando herbicida. Quimioterapia?. Ainda máis

Qué pasou cos carballos?

rosaliaNo poema “Los robles” de Rosalía de Castro, incluído no seu libro En las orillas del Sar (1884), a poeta de Padrón describe o proceso de desaparición destas árbores dos nosos montes:

Bajo el hacha

implacable ¡Cuán presto

En tierra cayeron

Encinas y robles!

Y a los rayos del alba risueña

¡Qué calva aparece,

la cima del monte!

Ainda máis

O monte galego.

texto mes 3

 Que é o monte?

O monte é aquel espazo “sen cultivar” que non é o urbano e esta ocupado por vexetación.

O monte é un dos ecosistemas máis importantes da terra. Está conformado por unha gran biodiversidade; é regulador do clima, a atmosfera e a hidrosfera, ademais de ser un importante soporte da vida humana.

Do monte pode tirarse madeira, froitos,combustibles, caza, fertilizantes… E poder ser tamén un espazo de lecer, deporte, estudo… Sigue lendo