Hoxe vivimos nun mundo no que a doutrina capitalista impón as súas normas e valores. As relacións que se establecen entre as sociedades e as persoas xéranse nun marco onde todo pode ser mercado e vendido.Un marco onde se entende que os coñecementos populares, os recursos naturais, as tradicións ou os dereitos dos pobos e as persoas, son unha mercancía máis á que se lle pode poñer un prezo. Enténdese, dende esa ollada retorcida, na que todo o existente pode ser privatizado e posuído e, polo tanto, pode ser obxecto de negocio por parte de quen lle pertenza. Ainda máis
Celso López, presidente da asemblea republicana de Vigo.
Cando e porque naceu a Asemblea Republicana de Vigo?
A Asemblea Republicana de Vigo (ARV), naceu co nome de Amigos da República a finais doas anos oitenta. Os seus primeiros anos de vida foron os dunha organización que levaba a cabo actividades e actos de carácter cultural e que todos os 14 de abril realizaba un xantar republicano, solidario e fraterno con motivo do aniversario da II República. Pasado o tempo e as conxunturas sociais e políticas, refundámonos a comezos do 2000, antepoñendo ao nome inicial o de ARV, e elaboramos uns novos estatutos. Ainda máis
As primaveras do “barrio do cura“.
“As primaveras do Barrio do Cura” é un proxecto que dende o ámbito artístico fai un chamamento á cidadanía para facer fronte ao devastador proceso especulativo de Karpín e Cía.
Mediante videocreacións nas que participan cineastas, poetas, músicas e bailarinas locais, os breves clips mostran os valores do patrimonio histórico-cultural e da vida que aínda perdura no chamado “Barrio do Cura”: a rica auga da fonte da Barroca, a frescura que se sente no lavadoiro de Poboadores, a beleza da súas rúas centenarias, a feitura da arquitectura popular ou a vitalidade do verde que aínda medra e se cultiva na milenaria horta do convento de San Francisco… Trátase, tamén, de evocar as oportunidades que este anaco de Casco Vello podería ofrecernos a todas para producir, festexar, habitar, transitar, conservar, crear… se non fose malvendido e maltratado polo Concello.
Xa podedes ver o primeiro clip en http://vimeo.com/100652641… séguenos.
Colectivo As primaveras do “Barrio do Cura“
Revista que me narras.
Coñecémonos na sección de caza do Corte Inglés durante un mitin de Convergencia i Unió. Na produción da nosa instalación de tapas de iogures no MOMA sorprendeunos a crise da papaia indonesia (nós diciamos non).
O noso grande traballo interesoulle a importantes empresas como Cisco Systems, Gazprom e Frutas Katuxa. Recibimos un Nobel de literatura grazas a iso, compartido con Alexander Infojobs Senior (fundador do efectivo portal de traballo).
Ao destapar a relación entre Corea do Norte e Kenny G. chamamos a atención do F.M.I., que nos confiou o labor de desestabilizar o mundo árabe, as Azores, Perejil e Swazilandia.
Actualmente compartimos a nosa base coa sede de Al-Qaeda de Coia (a carón do Economato de Citroën). Se tes algún problema e nos atopas, quizais poidas contratarnos.
Siguenos en: https://www.facebook.com/quemenarras
Quemenarras Revista
A propiedade: o freno da evolución cultural.
A cultura pode ser considerada un dos motores máis importantes da evolución social do ser humano, pero vai acompañada dunha forza de fricción que frea ou incluso pode chegar a parar dita máquina de evolución.
Cando se realiza unha obra ou se ten unha idea, o primeiro que se pensa é en compartila. É algo natural e espontáneo. De que serviría dito traballo se non é coñecido? Primeiro cun grupo reducido de persoas de confianza, por exemplo, para ver as críticas ou defectos que ao mellor non se percibiran antes. Entón, revísase o traballo e fanse, ou non, cambios nel, poñendo así o punto e final ao material creado. Ainda máis
Patrimonio Social e cultura libre.
Nas últimas décadas forón moitos os avances que se teñen dado no eido da chamada “Cultura Libre”. Hoxe en día, quizais máis que nunca, unha inmensidade de obxetos da cultura inmaterial circulan pola nosa sociedade. A través da rede, as bibliotecas, arquivos e o intercambio directo entre persoas, boa parte do mundo pode atopar con licencia libre unha gran cantidade e calidade de pezas de música, escritos, sofware, deseños, fotografías, películas,… Ainda máis
Ilustracións de agosto.
Cultura libre.
A cultura libre baséase na liberdade de modificación e distribución de traballos e obras creativas. Oponse ao concepto restritivo dos dereitos de autor. O movemento da cultura libre envolve a produción e a defensa de diversas formas de contido libre, como o software libre, coñecemento libre, música libre, entre outros. Ainda máis
Que é a cultura libre?
A cultura libre é un movimento que se xéra en radical resposta ás restriccións que impoñen os dereitos de autor. Propugna a liberdade na distribución e modificación do traballo creativo para así acabar coas restriccións que impoñen os dereitos de autor, pois enténdese que estos abafan a creatividade.
Que son os dereitos de autoría?
Os dereitos de autoría é un conxunto de normas e principios xurídicos que afirman os dereitos morais e patrimoniais das autoras polo só feito da creación dunha obra literaria, artística, musical, científica ou didáctica, ben sexa inedita ou publicada. Está recoñecido como un dos dereitos fundamentais na Declaración Universais de Dereitos Humanos. Ainda máis
Editorial (Agosto).
Nestes tempos nos que o capitalismo, con afán infranqueable, persegue sacar rendibilidade das máis remotas nimiedades, hai un campo que cada vez vai fuxindo das súas redes; a cultura. Coa expansión das tecnoloxías dixitais, un punto en concreto fica varado no centro de discusión como símbolo da loita irreconciliable entre as capitalistas e as que non o son: os dereitos de autoría. As primeiras afirman que a autoría de calquera obra ha de ser posesión da persoa creadora coma se fora un ben máis, mentres que as outras sosteñen que o intento capitalista de reproducir a plusvalía no eido cultural priva de sentido á cultura ó cernarlle o obxecto polo cal é creada: a difusión. Aianda máis