Nas últimas décadas forón moitos os avances que se teñen dado no eido da chamada “Cultura Libre”. Hoxe en día, quizais máis que nunca, unha inmensidade de obxetos da cultura inmaterial circulan pola nosa sociedade. A través da rede, as bibliotecas, arquivos e o intercambio directo entre persoas, boa parte do mundo pode atopar con licencia libre unha gran cantidade e calidade de pezas de música, escritos, sofware, deseños, fotografías, películas,…
Esto foi posible gracias a revolución dixital, pero tamén a unha concienciación na necesidade de superar as limitacións que o Capital e o Estado estaban a porlle a cultura inmaterial. Agora, a xente, sen ter que sortear os límites dos dereitos de autoría, está compartindo e recreando a súa propia cultura inmaterial, dun xeito máis igualitario, participativo e xusto. Quizais os días da cultura de masas, feita por unha elite para a maioría, estén chegando ao seu fin; quizais gracias a cultura libre, a popular, feita por moitas para moitas, volte a ser hexemónica.
Danza na Tabacalera de Lavapies, ben de propiedade estal e xestión comunitaria.
Foto: Imagen en acción
Sen dúbida este é un proceso maravilloso: por unha banda estase a favorecer a integración cultura da sociedade e por outra, ao retirar esta parte da cultura do mercado, estase a por certas trabas ao avance do Capitalismo. Pero eu creo que, sen abandonar este progreso da cultura inmaterial libre, é preciso extendelo tamén á cultura material; e o é polas mesmas razóns. A cultura inmaterial sempre precisa dun soporte físico: o software precisa hardware, así como as imaxes e grafías algún tipo de superficie (sexan os tradicionais papel, lenzo,… ou as modernas pantallas de ordenador), as artes escénicas precisan dun escenario,… e estes soportes físicos case sempre están en mans privadas ou institucións públicas antisociais (o Concello de Vigo, a Xunta de Santiago, o Estado de Madrid,…). Por tanto o que se chama “Cultura Libre”, case nunca é tal, so é cultura inmaterial libre dependente dun soporte material non libre. Un exemplo o sería esta mesma revista, que é cultura libre no tocante aos contidos pero non ao continente (e por iso hai que pagar polo conxunto).
“O que se chama ‘Cultura Libre’ case nunca o é. Normalmente é cultura inmaterial libre dependente dun soporte material non libre.”
Quizáis o avance da cultura inmaterial libre poida significar certa limitación ao progreso do Capitalismo; pero dado que o soporte material rara vez está fora do sistema capitalista, a o meu parecer, o está a fortalecer. Aumentar o volume de cultura inmaterial está a aumentar a demanda de hardware, que é un dos maiores e mellores negocios que existen hoxe en día. Sería preciso un estudio permenorizado para discernir se en realidade a “Cultura Libre” está a debilitar ou a fornecer o Capitalismo.
Son moitas as estratexias que poderiamos adoptar para a liberación da cultura material. A tradicional, e maximalista, sería unha certeira revolución que arrabatase ao Estado e aos capitalistas os medios de producción para polos en mans do pobo. Pero hai moitas outras opcións coas que ir avanzado e ensaiando a cultura material libre: a okupación, a expropiación, a reciclaxe e reutilización de refugallos, as “cousatecas” (servizo de depósito e prestamo de materiais, útiles e ferramentas), a difusión do concepto da “soberania manufactureira”,… ou o que eu chamo “Patrimonio Social”.O Patrimonio Social sería unha extensión do xa existente concepto xurídico do Patrimonio Histórico-Cultural. Pero sacandoo dos corsés do culturalismo, que só considera Patrimonio os “ben mobles, inmobles e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico”1.
Así considerariamos Patrimonio Social todos aqueles bens que estando actualmente sen uso (e polo tanto en perigo de deterioro) e sendo de interese conservar e reutilizar, foran creados polo Estado, comunidades menores (comunidades de monte, veciñais, sindicatos,…) e empresas, as que (atendendo a súa dimensión, natureza e desenvolvemento) consideremos suficientemente socializadas; ou sexa aqueles bens que se constituiron gracias/a costa de amplos sectores da sociedade.
Reconstrución do CSOA de Can Vies, BCN.
Foto: Fotomovimiento.
Así os bens (mobles e inmobles) que sexan, ou foran nalgún tempo, propiedade de empresas como a RENFE, Telefónica, U. Fenosa, SEAT, as Caixas de Aforro, URALITA, Cia. Viguesa de Panificación… que estean abandonados, deberían ser suceptibles de ser expropiados e (re)convertidos en propiedade pública ou comunal de uso social.
“A institución do Patrimonio Social liberaría unha boa parte do cultura material, que así mesmo favorecería a real liberación da cultura inmaterial”
Deste xeito a sociedade actual podería reutilizar, conservar e transmitir, unha boa parte das infraestruturas e equipos que tanto traballo e recursos levaron as xeracións pasadas e que, ainda sendo útiles, actualmente están apodrecendo nas mans dos capitalistas e do Reino de España. Así o pobo non so gañaria estes obxetos da cultura material en concreto, senon que tamén, empregandoos de determinado xeito, permitiríase a real liberación daqueles da cultura inmaterial que agora chamamos “Libre“.
Nota 1: Artigo 1.3 da Lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia.
Uxío Reinoso Maset, membro de Entremos na Panificadora