Hai catro anos Amnistia Internacional (AI) comeza un novo proxecto: levar o activismo en favor dos Dereitos Humanos (DDHH) á educación. Nace a Rede de Escolas polos DDHH. Na provincia de Pontevedra hai neste momento 15 centros educativos adscritos á mesma, dependentes do grupo local de AI enVigo.
Prisión e dereitos humanos.
Cantas veces nos dixeron que o Estado garante os nosos dereitos sociais, sindicais, humanos…
GOVI, á busca dos restos da balea mecánica.(VIII)
As latas fabricadas a partir de cetalonita, contan con dúas características máxicas: Ainda máis
GOVI, á busca dos restos da balea mecánica.(VII)
O pel da balea é unha das partes mais prezadas, xa que sirve como folla para a realización de conservas.
Asi pois, Govi servirá para que a Massó manufacture latas para alimentar a milleiros de persoas. Ainda máis
Cambia.
Ano 1992 en San Francisco (EUA) nace a Masa Crítica, un movemento en defensa do ciclista urbano e, de forma máis xeral, de promoción da bicicleta como medio de transporte. O seu máximo promotor, Chris Charlsson, é un dos gurús actualmente máis importantes do mundo do ciclismo urbano.
Chris Carlsson dá exemplo nas súas conferencias de cómo se debe falar en público, de como explicar unhas ideas de base sobre a movilidade dende a tranquilidade que dá a razón, sen alardes, sen exacervacións, de forma clara e concisa. Ainda máis
O auga, un dereito.
Xentes libres de toda Europa conseguiron por medio dunha gran campaña de 1.857.605 sinaturas que a UE estableza uns obxectivos vinculantes para a consecución dunha cobertura universal da auga en tódolos estados membros, considerando que se debe aumentar a súa contribución á realización universal, tamén fóra do seu territorio, do dereito ao auga e ao seu saneamento. Non pode ser que millóns de persoas aínda non poidan acceder aos servizos da auga. Ainda máis
Xentrificación do Casco Vello.
A xentrificación é un proceso de transformación urbana que dá lugar á rexeneración de barrios abandonados polas institucións. No recoñecemento deste proceso temos que ter en conta varios eixes: abandono, revalorización e chegada de capital privado. Así temos un área da cidade tradicionalmente en estado de abandono por parte das institucións, provocando unha sensación de inseguridade dentro desta para o resto da cidadanía. A continuación teñen lugar políticas orientadas a unha rehabilitación desas áreas facendo que resulte atractiva a entrada de capital, o que provoca a substitución da poboación desa área (de poucos recursos) por outra de maior poder adquisitivo atraída polas novas oportunidades e a nova posta en valor do barrio.
Que son os dereitos humanos?
Os dereitos humanos son unha convención social que proclama a dignidade de todas as persoas en base a unha única razón: a súa condición humana.
Así, de forma xurídica, defínese a relación de cada individuo e colectivos coa sociedade universal á que pertencemos, fixando uns criterios fundamentais que aseguren a dignidade, liberdade e realización de todas as persoas por riba de condicionantes particulares (orixe, sexo, cultura,…) Sigue lendo
Editorial (Decembro).
O pasado 27 de outubro, a peridista de “La Sexta” Ana Pastor entrevistou ao ministro Miguel Arias Cañete (o ministro de Alimentación que come iogures “caducados”). Nun momento dado, Ana Pastor tocou o tema de actualidade naquela semana: “este goberno podería facer algo sobre a sentencia de Estrasburgo sobre a Doutrina Parot?”. O ministro tentou evadirse apelando as propostas de modificación do Código Penal que fixeran os “populares” nos anos 80 e 90, para suprimir a reducción de penas por beneficios penitenciaios. A periodista, non entendeu ou non quixo entender esta saída e voltou a carga: “pero ministro levan dous anos con maioría absoluta!”. Acorralado, Arias Cañete, que é licenciado en Dereito, explicoulle a periodista, que non, que a situación actual é inevitable xa que “as leis non teñen efecto retroactivo!”. Ainda máis
A Boia entrevista a… Toni Martínez, cooperativista-traballador de “La Marea”.
1. Como funciona unha cooperativa como La Marea?
Trátase dun modelo cooperativo no que as grandes decisións as toma a asemblea de socios/as e na que non hai ningún gran empresario/a detrás.
Trátase dunha cooperativa na que hai dous tipos de socias: socia-usuaria e socia-traballadora. Ademais hai un consello reitor (formado por 3 usuarias e 3 traballadoras) elixido pola asemblea e que se encarga de tomar decisións rápidas e concretas para que o funcionamento da cooperativa sexa máis áxil e dinámico. Ainda máis