O resta das costela de cetalonita, foron levadas á praza que hai entre o Concello e a Panificadora, onde a xuventude de Vigo decidiu fundar un circo. Ainda máis
Arquivo da categoría: Revista
GOVI, á busca dos restos da balea mecánica.(IX)
Unha parte das costelas de Govi serviron para reforzala estructura das abandonadas naves de Pontesa en Pontesampaio. A poboación local decidiu convertila antiga fábrica nun pabellón multiusos para facer competicións deportivas, concertos e feiras de todo tipo. Ainda máis
Ao saneamento das Rías Galegas.
A Platafroma de Defensa da Ría De Vigo “CIES” non dá crédito ó sucedido no Parlamento da U.E. nos últimos sete meses en que os europarlamentarios do Partido Popular fixeron todo o posible por impedir a redacción dun informe que reflicta exactamente o que acontece co saneamento integral das rías de Vigo, O Burgo e Ferrol así como co
inspeccionado pola Delegación Oficial da U.E. no mes de febreiro.
Sigue lendo
Feminismo e humanismo.
Botando a un lado por un momento todo o que é e significa o feminismo como acostumamos entendelo, gustaría centrarme desta vez nos valores humanos – moitas veces ignorados ou relegados a un segundo plano – que recupera e trae consigo á escena pública, sinalando con eso a súa evidente e preocupante ausencia. Sigue lendo
Que é o Feminismo?
O feminismo é un movemento social, cultural e político que loita contra as inxustizas orixinadas polo machismo e o patriarcado e busca a igualdade entre as persoas independentemente do seu sexo e o seu xénero. Así pois, o feminismo procura rematar e superar todos aqueles aspectos da nosa sociedade nas que as persoas (independientemente do seu sexo e xénero) son agredidas, explotadas, invisibilizadas, minusvaloradas, sometidas e/ou impedidas pola ideoloxía e comportamentos machistas e o sistema patriarcal. Sigue lendo
Editorial (Xaneiro).
“O diaño está nos detalles” din os anglosaxóns. Non é dito como unha alarma paralizante ante o porvir, se non para a xente manteña a cautela a hora de afrontar a complexidade. O refrán é fillo dunha cultura prágmatica e dunha xente flemática, quizias xa un tanto acomodada. O diaño non é esa cousa grande, vermella inzada en chamas que atormenta as “mentes infantís”, se non aquela pequena cousa na que os simples non saben reparar. O que non especifica o refrán, e se o diaño vive en esencia nos detalles, ou é que hai xente que sabe agochalo aí para arrastrar á perdición aos que instalados na emerxencia de vivir, non poden deterse flematicamente a diseccionar o mundo que os rodea é, as veces, afoga. Ainda máis
O medio ambiente como “dereitos humanos”.
No século XVIII, na: “Asamblea Nacional Constituínte dos Estados Xerais (clero 291, nobreza 250 e terceiro estado o burguesía 577), reunida ao toque do rei Luís XVI, (1.118 deputados) nacía “A Declaración dos Dereitos do Hombe e o Cidadán de 1789”, a primeira xeración dos dereitos humanos con carácter de universalidade.
A segunda xeración nace coa Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948 e inclúe entre outros o dereito á saúde, ao benestar, a unha vida digna ou á alimentación.
Sigue lendo
Direito de autodeterminaçom: a vontade dum povo e a negaçom práctica.
Os direitos humanos nom fôrom regalados polas classes dominantes. Fôrom, pola contra, as classes oprimidas e a sua luita por umhas condiçons de vida dignas quem pressionárom para a articulaçom da Declaraçom dos Direitos humanos e os Pactos Internacionais dos Direitos Humanos. Ainda máis
Declaración universal dos dereitos animais.
A pesar da existencia dunha Declaración Universal dos Dereitos Animais proclamada no ano 1977 pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal e posteriormente aprobada pola ONU e a UNESCO, día a día coñecemos novos casos de violacións destes dereitos supostamente universais para todos os animais. Lembramos aquí uns anacos desta Declaración e animámoste a defendelos na realidade máis próxima, denunciando os casos de maltrato ou abandono dos que teñas coñecemento, esixindo no teu concello unha recollida e trato digno para os animais abandonados e, por suposto, non mercando animais, senón adoptando ou acollendo un animal das Protectoras de Animais da túa zona. Ainda máis
A rede de escolas polos dereitos humanos de Amnistía Internacional.
Hai catro anos Amnistia Internacional (AI) comeza un novo proxecto: levar o activismo en favor dos Dereitos Humanos (DDHH) á educación. Nace a Rede de Escolas polos DDHH. Na provincia de Pontevedra hai neste momento 15 centros educativos adscritos á mesma, dependentes do grupo local de AI enVigo.