O Test de Bechdel.

Nin vaca nin boiO pasado mes de novembro, o Instituto Sueco de Cinematografía introduciu un índice que permite que o público que acode ao cine saiba en que grao están representadas as mulleres na película que vai ver. O sistema baséase no test de Bechdel, que debe o seu nome á autora de banda deseñada estadounidense Alison Bechdel (Dykes to Watch Out For; en castelán, Unas bollos de cuidado, Egal, 2004).
Ainda máis

GOVI, á busca dos restos da balea mecánica.(IX)

govi_9Unha parte das costelas de Govi serviron para reforzala estructura das abandonadas naves de Pontesa en Pontesampaio. A poboación local decidiu convertila antiga fábrica nun pabellón multiusos para facer competicións deportivas, concertos e feiras de todo tipo. Ainda máis

Ao saneamento das Rías Galegas.

1.10.2.1 angela musatA Platafroma de Defensa da Ría De Vigo “CIES” non dá crédito ó sucedido no Parlamento da U.E. nos últimos sete meses en que os europarlamentarios do Partido Popular fixeron todo o posible por impedir a redacción dun informe que reflicta exactamente o que acontece co saneamento integral das rías de Vigo, O Burgo e Ferrol así como co
inspeccionado pola Delegación Oficial da U.E. no mes de febreiro.
Sigue lendo

Feminismo e humanismo.

Feminismo humanismoBotando a un lado por un momento todo o que é e significa o feminismo como acostumamos entendelo, gustaría centrarme desta vez nos valores humanos – moitas veces ignorados ou relegados a un segundo plano – que recupera e trae consigo á escena pública, sinalando con eso a súa evidente e preocupante ausencia. Sigue lendo

Que é o Feminismo?

Galiza contrainfoO feminismo é un movemento social, cultural e político que loita contra as inxustizas orixinadas polo machismo e o patriarcado e busca a igualdade entre as persoas independentemente do seu sexo e o seu xénero. Así pois, o feminismo procura rematar e superar todos aqueles aspectos da nosa sociedade nas que as persoas (independientemente do seu sexo e xénero) son agredidas, explotadas, invisibilizadas, minusvaloradas, sometidas e/ou impedidas pola ideoloxía e comportamentos machistas e o sistema patriarcal. Sigue lendo

Editorial (Xaneiro).

portadaenero“O diaño está nos detalles” din os anglosaxóns. Non é dito como unha alarma paralizante ante o porvir, se non para a xente manteña a cautela a hora de afrontar a complexidade. O refrán é fillo dunha cultura prágmatica e dunha xente flemática, quizias xa un tanto  acomodada. O diaño non é esa cousa grande, vermella inzada en chamas que atormenta as “mentes infantís”, se non aquela pequena cousa na que os simples non saben reparar. O que non especifica o refrán, e se o diaño vive en esencia nos detalles, ou é que hai xente que sabe agochalo aí para arrastrar á perdición aos que instalados na emerxencia de vivir, non poden deterse flematicamente a diseccionar o mundo que os rodea é, as veces, afoga. Ainda máis

O medio ambiente como “dereitos humanos”.

No século XVIII, na: “Asamblea Nacional Constituínte dos Estados Xerais (clero 291, nobreza 250 e terceiro estado o burguesía 577), reunida ao toque do rei Luís XVI, (1.118 deputados) nacía “A Declaración dos Dereitos do Hombe e o Cidadán de 1789”, a primeira xeración dos dereitos humanos con carácter de universalidade.

A segunda xeración nace coa Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948 e inclúe entre outros o dereito á saúde, ao benestar, a unha vida digna ou á alimentación.
Dereitos ambientais Sigue lendo

Direito de autodeterminaçom: a vontade dum povo e a negaçom práctica.

LUME!Os direitos humanos nom fôrom regalados polas classes dominantes. Fôrom, pola contra, as classes oprimidas e a sua luita por umhas condiçons de vida dignas quem pressionárom para a articulaçom da Declaraçom dos Direitos humanos e os Pactos Internacionais dos Direitos Humanos. Ainda máis

Declaración universal dos dereitos animais.

CánidoA pesar da existencia dunha Declaración Universal dos Dereitos Animais proclamada no ano 1977 pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal e posteriormente aprobada pola ONU e a UNESCO, día a día coñecemos novos casos de violacións destes dereitos supostamente universais para todos os animais. Lembramos aquí uns anacos desta Declaración e animámoste a defendelos na realidade máis próxima, denunciando os casos de maltrato ou abandono dos que teñas coñecemento, esixindo no teu concello  unha recollida e trato digno para os animais abandonados e, por suposto, non mercando animais, senón adoptando ou acollendo un animal das Protectoras de Animais da túa zona. Ainda máis