Arquivo da categoría: Revista
Os Biosbardos: protectora de animais de Ponteareas.
A Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos ten como obxectivo principal a xestión do Refuxio de Animais Abandonados de Ponteareas e a consecución de medios para poder sustentalo xa que carecemos de calquera tipo de axuda pública. Realizamos ademais unha incansable labor de concienciación social sobre o grave problema do abandono e maltrato animal, promovendo a adopción e esterilización.
Ainda máis
Morte en Colombia e lume no Pindo.
O 15 de maio do 2012 entrou en vixencia o tratado de libre comercio entre Colombia e EEUU, da man de grandes promesas de emprego e riqueza para o pobo colombiano. As consecuencias deste acordo non tardaron en deixarse notar. Unha das súas cláusulas, en concreto a 9.7’0, obriga aos agricultores colombianos a empregar semente certificada, especificando ademais que só serán sementes certificadas as producidas por Monsanto, Singenta e “Cía.”.
A manipulación informativa en violencia de xénero.
A maioría das novas sobre violencia son prexudiciais para as mulleres e o seu contorno. Os medios de comunicación teñen que contribuir á erradicación da violencia e non proporcionar máis que sensacionalismo e morbo, teñen que falar da realidade e en nome das mulleres que xa non poden defenderse. A falla de investigación nos casos por parte dos medios de comunicación fai que se dea unha información que non se corresponde coa realidade. Dende xa, os medios terían que darlle a seriedade e o rigor necesarios tendo en conta que, doutro xeito, o único que conseguen é que se tome a violencia como algo natural, sen ter en conta o prexuízo que causan ao convertilo en algo sensacionalista sen máis. Os medios de comunicación deberían empregarse para producir cambios sociais, non para promover unha sociedade manipulada para vender máis sen ter en conta a dor das persoas. Non nos debe importar como morreu nin a opinión da veciñanza, o que pasa nunha casa só o saben os que nela moran e produce moitísima impotencia ver como se trasmite unha nova tan dolorosa sen o máis mínimo coidado nen respecto ás persoas que rodean o suceso.
GOVI, á busca dos restos da balea mecánica.(VI)
O navío así construido poderá ser utilizado por todas aquelas persoas, que vivindo da mar, necesiten unha embarcación máis grande ou máis resistente da que habitualmente dispoñen. Este navío pertencerá a toda a comunidade marítima e co paso do tempo será un dos seus bens máis prezados. Ainda máis
GOVI, á busca dos restos da balea mecánica.(V)
É nunha dársena da parte oriental da Ría, onde a carrozaría de Govi trasformarase nun resistente e amplo navío. Ainda máis
O dereito á información: compromiso ético.
Na escena actual da sociedade da información, estamos ante un dos retos mais grandes deste século: que historias cremos, cales contamos e cales eliximos que permanezan.
“Temos todos os medios ao alcance para que a información chegue a todas as partes e sexa un ben para todas, pero temos un reto enorme, que é discernir cando a información é veraz e cando non.”
Temos todos os medios ao alcance para que a información chegue a todas as partes e sexa un ben para todas: a tv, radio, prensa, xunto coas novas plataformas dixitais e redes sociais: blogs, facebook, youtube, twitter…ofrecen un amplo abano; pero temos un reto enorme, que é discernir cando a información é veraz e cando non: aos poderes políticos, económicos e ideolóxicos de toda orde ábreselle milleiros de posibilidades de control non só dos medios senón das nosas opinións. Ainda máis
Estáis todos locos.
“¡¡¡Estáis todos locos!!!! Sólo a personas que no estén bien de la chaveta se les ocurre andar en bicicleta por Vigo!!!!”
O dereito á televisión.
No século XIX, a facción reaccionaria da burguesía aliada cos restos do Antigo Réxime (monárquicos e Igrexa) estaban en contra da ampliación do voto a escala universal porque sospeitaban que o cuarto estado nunca votaría por eles. A facción progresista da burguesía, os chamados liberais ou republicanos, pola súa parte, si estaban a prol da extensión do voto porque pensaban que poderían crear, cos obreiros e campesiños, unha alianza de clase maioritaria. Os dous estaban errados. Ainda máis
A manipulación informativa.
Se ben ata finais do século XX foron o compendio de prensa, radio, cine e televisión os conformaban a comunicación social, agora mesmo son principalmente os medios audiovisuais, os que ocupan unha posición dominante. Os medios en papel, que foran paulatinamente popularizados nas xeracións anteriores, están agora relegados. Hoxe en día, a formación do pensamento político das persoas faise principalmente a través da comunicación audiovisual da televisón, o cine, a web e as redes sociais (youtube, facebook,…). Ainda máis