O litoral, a terra e as augas costeiras son se cadra o ben público máis valioso que temos. Praias, cantís, dunas, beiramares, esteiros,… son espazos naturais cunha gran riqueza medioambiental, social e económica limitados: hai o litoral que hai e é imposible crear outro. Ainda máis
Arquivo da categoría: Editorial
Editorial (Agosto).
-E que facemos co escombro? – Deixao no monte, na beira de calquer camiño.
-Onde podemos facer unha mega promoción urbanística? – É doado, no monte. Se non hai camiño o facemos.
É probable que algunha vez presenciase vostede un diálogo como o primeiro; o segundo é menos probable que o presenciara, pero teña vostede por seguro que se ten producido moitas, moitas veces. Ambos responden a unha visión contemporánea do monte. Actualmente, a maioría da poboación galega considera o monte como algo con moi pouco valor, algo inmenso e inesgotable, alleo a vida cotiá, á cidade e a política. É un espazo que non empregamos case nunca, e se o empregamos é para facer aquelo que en ningún outro sitio faríamos; dende logo nunca na porta da nosa casa, no noso barrio ou vila.
Para o poder político e económico o monte galego non ten outro valor que ser unha reserva de terreo para proxectos urbanísticos especulativos. Así, con escaso planeamento e sentido común, en metade do monte, en sitios onde nen hai poboación nen infraestructuras previas, ábrense polígonos industriais, urbanizacións, facultades, centros comerciais…, moitos deles, de dubidosa rendabilidade económica e social, terminan baleiros. Nas últimas décadas, sartas de políticos adobados orquestaron grandes proxectos formigoneiros no monte: o formigón é barato, o “solar” é barato, polo tanto a “foto inaugural” tamén está barata.
Esto, ademáis de implicar a destrucción de solo fértil, significa a fragmentación de espacios naturais, a dispersión do habitat humano e limitacións para explotación económica e social do monte: o formigón e o asfalto parten o monte, os regatos, os camiños, a paisaxe, a vida natural e a humana.
Hoxe en día, na nosa contorna, temos un lamentable exemplo desta forma de entender o monte como un simple solar, trátase do proxecto de “Porto Cabral”, que pretende construir un centro comercial duns 300.000 m2 a 10 km do centro da cidade de Vigo. Esta obra faríase a costa de destruir o monte comunal de Cabral, un monte que estaba sendo obxeto de rexeneración por parte dos veciños.
Agora, hai que decir NON a “PORTO CABRAL”. Simplemente, o “NON” é suficiente: o monte comunal de Cabral é desas cousas que non podemos perder para sempre.
Autor Revista A Boia.
Editorial (Xullo).
Este mes de xuño chegaba a noticia dende a FAPA de Castelló de nenos buscando comida no lixo do seu colexio. Incluso os propios mestres levaban, por iniciativa propia, alimentos para paliar a fame dos cativos con menos recursos.
Editorial (Xuño).
Neste número denunciamos a que é a ferramenta fundamental e mellor utilizada polo capitalismo: o consumismo. É a chave para comprender o sistema actual. Todo, absolutamente todo o que move hoxe o mundo, ten que ver co consumismo de forma predominante. Pensemos nos grandes conflitos bélicos dos que, de xeito interesado, se difunde a dimensión relixiosa, independentista ou étnica (entre outras) e nunca os intereses económicos que fican deliberadamente agochados e que sempre xiran en torno a obtención de recursos ou a comercialización de produtos. Ainda máis
Editorial (Maio).
O goberno de Andalucía acaba de dar un paso adiante na loita contra o poder da banca no estado español: a expropiación das vivendas sobre as que pende un desafiuzamento inminente. É un paso pequeno e temporal, que non atalla o endémico problema da vivenda, pero moi positivo porque, asemade de situar no debate público a expropiación coma arma posible contra a banca, o que non é nin moito menos un asunto banal, demostra que a presión dende a rúa da resultados. Ainda máis
Editorial ( Abril).
Con estas liñas nace A Boia, revista de Contracultura dende a Ría. A Boia pretende converterse nun altofalante de cada unha das voces e olladas que flotan na Ría de Vigo e a súa contorna, e que nos protexen desa enorme marea negra que o contamina todo: o capitalismo. Ainda máis