Internet que se orixinou na década dos sesenta comezou a tomar protagonismo na nosa vida cotiá na segunda metade dos noventa e é hoxe en día unha ferramenta indispensable mesmo para as accións máis superfluas do día a día.
A súa capacidade para “invadir” case tódolos ámbitos das nosas vidas vén dada polo seu valor como ferramenta de comunicación entre calquera punto do globo e pola súa posibilidade de acceso ilimitado á información. Isto foi empurrando aos gobernos cara ao establecemento dunha lexislación que regulase o seu uso, a cal provoca en moitas ocasións a vulneración de liberdade de expresión e da protección de datos e privacidade das persoas usuarias.
No artigo IV da “Declaración de dereitos de internet do senado español” (9-12-1999) pódese ler que “garantiranse o segredo das comunicacións electrónicas e a privacidade dos datos”. Mesma idea de base que se recolle no Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos. Porén as informacións como as que indican que Facebook ou Myspace “entregan información relevante dos consumidores ás compañías de publicidade sen o consentimento do usuario”, amosan que na práctica os dereitos dixitais non son respectados polos gobernos e as grandes empresas.
Tendo en conta, que a venda datos privados move 100.000 millóns de dólares ao ano, segundo un estudio da consultora Roland Berger, faise patente a necesidade dunha reacción tanto a nivel individual coma colectiva, que denuncie como se esta a comercializar coas nosas informacións privadas. Expoñendo a quen comercia con dita información (Google, Facebook, Microsoft, Amazon…) quen a vende e quen está a mercala.
Cómpre informarnos e reeducarnos para non deixar na rede información sensible, e evitar expoñer á vista de todos datos cos que logo se poida comerciar. Así mesmo é importante compartir esta información con todos aqueles que poidamos, creando iniciativas por exemplo á hora de traballar en rede con ferramentas máis específicas que protexan os datos sensibles, ademais de denunciar abertamente o problema na procura dun marco que realmente defenda os nosos dereitos. Que internet siga sendo un espazo que horizontalice a sociedade ou que se converta nunha ferramenta máis dende a que consolidar unha sociedade inxusta depende de cada un e cada unha de nós.
Voltamos á rotonda
A veciñanza voltamos o 22 de xaneiro á rotonda para esixir dereitos sociais! O faremos por medio dun acto de rúa no que representaremos o “Vigo real” do que nunca fala o alcalde e o seu goberno.
Na cidade que pisamos a maioría vemos…
– a cada día máis persoas pedindo esmola nas rúas,
– a cada días máis persoas remexendo no lixo para alimentarse,
– a cada días máis persoas agardando meses por axudas sociais (RISGA, Axudas de Emerxencia Municipais…),
– a cada día máis persoas facendo colas nas portas de entidades privadas…
E todo polo desastre de políticas sociais do concello, e tamén da Xunta de Galicia. Unhas políticas que pasan polos recortes, polo peche de servizos e pola privatización daqueles que queda.
“En Vigo ademáis da falla de persoal, colapso e demoras, atopámonos que os programas do Departamento de Benestar Social están xestionadas por empresas privadas”
Folga de fame do preso Javier Guerrero no Hospital de Pontevedra
Javi foi ingresado de urxencia no Hospital Provincial de Pontevedra o pasado 5 de xaneiro, despois de 24 días sen comer e máis de 2 días de folga de sede no cárcere da Lama. A súa folga comezou o 14 de decembro despois de que arbitrariamente a dirección penitenciaria lle anulase unha saída para unha cita médica (o 3-12-14., para o que se alegou falta de transporte policial) así como un permiso para o 30 de nadal para poder ir visitar a súa filla familia.
“Javi non só fai folga pola súa inxusta situación, senón tamén demanda a correcta aplicación do regulamento penitenciario, unha sanidade digna para as persoas internas e o cese da represión dentro das cadeas.”
Por que formamos Espazo VegaFeminista?
Em 2012, nas Jornadas Ecofeministas levadas adiante em Compostela, das que gardamos umha lembranza muito boa, algumhas mulleres decidimos propor umha dinâmica de trabalho sobre direitos dos animais. As que ali nos juntáramos nom nos conhecíamos e vinhamos de mundos diferentes, mas compartilhávamos o activismo feminista e antiespecista. Para além disso, havia umha grande preocupaçom que nos unia: como artelhar um movimento que defenda os feminismos e os movimentos de defesa dos animais. Sentíamos, cada umha desde o seu lugar, que estes dous movimentos estavam muito distantes, o qual nos fazia sofrer em cada um dos espaços nos que militávamos, e queríamos tentar trabalhar no seu achegamento. Depois, aos poucos, foram unido-se novas pessoas interessadas no “Vegafeminismo”.
Novidades na Lei de Seguridade Cidadá*
Devolucións en quente
O Grupo Parlamentario popular presentou no último momento a emenda que inclúe na Lei de seguridade cidadá a legalización das “devolucións en quente” en Ceuta e Melilla. A Comisión de Interior aprobouna só cos votos a favor do Partido Popular, polo que se cambia pola porta de atrás a Lei de estranxeiría.
A Boia entra nas cadeas
Dende o momento do seu nacemento na revista A Boia tivemos moi claro un dobre obxetivo: servir como voceiro de todalas causas, loitas, sensibilidades,… que normalmente non teñen espazo no medios de comunicación do sistema (precisamente por oporse ao sistema); e que as follas d’A Boia chegase ao maior número de persoas posibles.
Por isto último é que, ao final do mes, os exemplares d’A Boia que ainda quedan nas caixiñas espalladas pola nosa bisbarra, son cuidadosamente recollidos polas nosas colaboradoras de distribución co obxeto de ser posteriormente liberalos nas rúas, na universidade, no transporte e edifcios públicos, nalgunha lavandería, …
“En 2015 A Boia tamén chegará a persoas presas nas cadeas de Galicia”
Acoso sexual do presidente do ‘Club Leis 26’ ás xogadoras de fútbol sala*
O pasado mes de novembro tres xogadoras do Club Leis 26 de Fútbol Sala de Pontevedra rachaban co seu silencio e denunciaban nos medios de comunicación e no xulgado o trato denigrante e vexatorio por parte do Presidente do devandito Club, José Antonio Nieto San Juan.
Ilustrísima’s: Remedios Varo
Que é o Antiespecismo?
Definamos o antiespecismo por oposición ao especismo. O antiespecismo sería aquela ideoloxía contra a discriminación por razón de especie. A crenza de que a vida humana, e só ela, é “sacrosanta” constitúe unha forma de especismo, mais non a única. Na actualidade, a posición privilexiada que suscitan os animais de compañía tradicionais como os cadelos e os gatos con respecto a outros non humanos é vista tamén como unha forma de especismo. Esta posición é denominada polo abolicionista Gary Francione como unha sorte de “esquizofrenia moral” xa que consideramos algúns non humanos como membros da nosa especie mentres temos na nosa mesa a outrxs que non difiren deles.
“O antiespecismo é unha ideoloxía contra a discriminación dos animais por razón de especie”
Editorial: (anti)especismo
Unha vez pasado o 2014 habería que facer un hipotético reconto total do número de vítimas inocentes que inxustiza e a barbarie se cobraron nestes 365 días. A persoa encargada de computar esas cifras moi probablemente pasaría polo alto a porción máis importante desas vítimas, centrándose unicamente no xénero humano, polo que a ese resultado faltaríanlle bastantes ceros.