A Boia entra nas cadeas

Dende o momento do seu nacemento na revista A Boia tivemos moi claro un dobre obxetivo: servir como voceiro de todalas causas, loitas, sensibilidades,… que normalmente non teñen espazo no medios de comunicación do sistema (precisamente por oporse ao sistema); e que as follas d’A Boia chegase ao maior número de persoas posibles.
Por isto último é que, ao final do mes, os exemplares d’A Boia que ainda quedan nas caixiñas espalladas pola nosa bisbarra, son cuidadosamente recollidos polas nosas colaboradoras de distribución co obxeto de ser posteriormente liberalos nas rúas, na universidade, no transporte e edifcios públicos, nalgunha lavandería, …

“En 2015 A Boia tamén chegará a persoas presas nas cadeas de Galicia”

Neste 2015, gracias a iniciativa da CNT de Vigo, A Boia tamén chegará dentro dos muros das cadeas do sur de Galicia. En xaneiro enviáronse tres exemplares a tres presos n’A Lama; pero nos vindeiros meses agardase amplialo a máis centros e persoas.

10958270_10204777482308882_1480348449_n
LEMBRA, CANDO METES UNHA MOEDA NO PETO D’A BOIA ESTÁS ESPALLANDO CONTRACULTURA E PODER POPULAR GRACIAS POR COLABORAR.

Autoría: Redacción

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *