Novidades na Lei de Seguridade Cidadá*

Devolucións en quente

devoluciones en calienteO Grupo Parlamentario popular presentou no último momento a emenda que inclúe na Lei de seguridade cidadá a legalización das “devolucións en quente” en Ceuta e Melilla. A Comisión de Interior aprobouna só cos votos a favor do Partido Popular, polo que se cambia pola porta de atrás a Lei de estranxeiría.

Faltas de respecto á Policía

FALTAS DE RESPETO A AL POLICIAOs insultos ou faltas de respecto contra axentes de policía durante a celebración de concentracións xa estaban incluídos como infracción leve no artigo 37.4. Agora, a raíz dunha emenda presentada polo propio PP, a infracción aplíase a calquera situación en que os axentes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado estean a exercer as súas funcións.

Centros de telecomunicacións.

CENTROS DE TELECOMUNICACIONES

A partir dunha emenda, tamén do PP, as infraestruturas de telecomunicacións quedan incluídas no grupo de localizacións con especial protección. A intrusión nestes centros ou a obstrución do seu funcionamento agora constituirán unha infracción grave, castigada con multas de 601 a 30.000 euros.

Venda ambulante

Prohibida la venta ambulanteO artigo 37.7, que sinalaba como infracción leve a ocupación de inmobles, inclúe agora tamén a ocupación da rúa e, expresamente, a venda ambulante non autorizada, que pasan a estar castigadas con multas de 100 a 600 euros.

Capuchas e concentracións

CAPUCHAS Y CONCENTRACIONES.pdfA marxe para identificar a persoas que tapen a cara medra. Tralos últimos cambios, este control poderá realizarse tamén cando a prenda tape a cara parcialmente. No caso das concentracións no Senado, Congreso e parlamentos autonómicos, agora tamén se castigan aínda que non causen unha perturbación grave.

*Traducción do Grupo de Axitación Social dun artigo do Diagonal 235

Ilustracións: Inés Casarejos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *