Voltamos á rotonda

ROTONDA

A veciñanza voltamos o 22 de xaneiro á rotonda para esixir dereitos sociais! O faremos por medio dun acto de rúa no que representaremos o “Vigo real” do que nunca fala o alcalde e o seu goberno.
Na cidade que pisamos a maioría vemos…
– a cada día máis persoas pedindo esmola nas rúas,
– a cada días máis persoas remexendo no lixo para alimentarse,
– a cada días máis persoas agardando meses por axudas sociais (RISGA, Axudas de Emerxencia Municipais…),
– a cada día máis persoas facendo colas nas portas de entidades privadas…
E todo polo desastre de políticas sociais do concello, e tamén da Xunta de Galicia. Unhas políticas que pasan polos recortes, polo peche de servizos e pola privatización daqueles que queda.

“En Vigo ademáis da falla de persoal, colapso e demoras, atopámonos que os programas do Departamento de Benestar Social están xestionadas por empresas privadas”

En Vigo, a maiores dos problemas denunciados recentemente polas traballadoras sociais de atención primaria do propio concello (colapso, demoras na tramitación, persoal insuficiente) hai que engadir que a maior parte dos programas do Departamento de Benestar Social están xestionados por empresas privadas:
– CLECE (empresa de Florentino Pérez): recibe millóns de euros pola xestión do programa municipal de axuda no fogar (case 3 millóns de euros), polo programa de Intervención Familiar (máis de 500.000 euros) e por parte da xestión de CEDRO.
– Grupo 5 (empresa de xestión de servizos de Madrid): é a concesionaria (700.000 euros) do albergue municipal de Marques de Valterra.
A isto hai que engadir os convenios que o concello, e tamén a Xunta, teñen con entidades privadas que supoñen o desmantelamento dos poucos dereitos sociais que tiñamos para dar paso á mercantilización do sector e ao regreso do asistencialismo e a caridade.
Ante isto esiximos que os cartos de todas estean ao servizo das necesidades da xente.
NON PODE SER OS CARTOS NA ROTONDA E A XENTE SEN COMER!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *