luceira

Dende A Boia felicitamos as compañeiras de GALICIA CONTRAINFO, GALIZA ANO CERO e ANDAINA, que foron recoñecidas cos Premios Luceira de Comunicación Social.
Tamén agradecemos o traballo da coordinadora Galega de ONGs, por teres creado este espazo de encontro, tan preciso para consolidar unha comunicación social alternativa ás impostas polo sistema.
ALEGRÍA E FORZA!

Para máis detalles, aqui tedes a crónica de Galicia Confidencial: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/18974.html

Que é o fascismo?

O fascismo é unha ideoloxía e movemento político que pretende a superación da democracia e impedir o auxe do movemento obreiro. O obxetivo manifesto de cada un dos movementos fascistas é a abolición da diversidade política e social no seu país. Así pois, os fascistas, mediante a institución dun partido único, un estado forte e unha férrea encadramento social, pretenden impor un modelo nacional determinado, no que as ideas e persoas “antinacionais” son perseguidas e aniquiladas pola forza.

“O obxetivo manifesto de cada un dos movementos fascistas é a abolición da diversidade política e social no seu país.”

Ainda máis

Editorial (Abril).

portadaabril_webFascista! Hoxe en día é un insulto de uso común, ata perdeu o seu sentido orixinario. Hoxe en día, a nivel popular, en calquer conversa política, calquera, incluso un de dereitas declarado, pode lanzar os berros de Fascista! Nazi! ao seu oponente. Noutro tempo non era así, ser Fascista! Nazi! Falangista! podía tamén ser dito como unha cousa positiva,
para algúns significaba ser vanguardista, patriota, forte, disciplinado,… e o decían con orgullo. Ainda máis

A boia entrevista a… Oficina de Dereitos Sociais de Coia.

ODS COIAQue é a Oficina de Dereitos Sociais de  Coia?

Un punto de información sobre dereitos sociais no que tentamos ofrecer  información alternativa acerca de axudas sociais, denunciar o empobrecemento, visualizar a dor causada polo capitalismo e artellar respostas colectivas e dende abaixo a esta tolemia que nos ofrecen como única vida.

No último ano levamos unha sorpresa. Sen saber moi ben como, comezamos cunha dinámica de asembleas abertas, os martes cada 15 días na parroquia do Cristo en Coia, nas que participamos xentes moi diversas e dende as que nos puxemos a buscar saídas en forma de concentracións, presentación de escritos, reunións con colectivos sociais… Ainda máis

Non preguntaría a un can pola súa idea de xustiza
e non deixaría espazo á dúbida
e non preguntarei a Peter Brabeck pola súa idea de xustiza
e non amaría
e non preguntarei a Neville Isdell pola súa idea de xustiza
e non temería arrepiarme ante o suor da carne tensa
e non preguntarei a Phil Knight pola súa idea de xustiza
e non me mollaría no afán de confundirme coa chuvia
e non preguntarei a Bieito XVI pola súa idea de xustiza
e non me faría pequeno no medio do monte
e non preguntarei a Ariel Sharon pola súa idea de xustiza
e non confundiría as palabras co ruído
e non preguntarei a Marcial Maciel pola súa idea de xustiza
e non preferiría a pedra mollada.
e no preguntarei a deus pola súa idea de xustiza
e o disparo seco non rebotaría de monte en monte ata enchelo todo
de morte solitaria e covarde, no medio do barro, baixo a chuvia fina
e constante. Eu xa non preguntaría pola súa idea de xustiza, xa non
preguntaría nada, nin sequera por que.

Ainda máis