Cárceles en llamas.El movimiento de presos sociales en la transición.

copelCando tras a morte de Franco se abriron as portas das prisións para deixar saír aos opositores políticos á ditadura, ninguén imaxinaba o que viría a seguir. Ante a omisión da súa causa nas medidas de amnistía, os presos comúns subiron aos tellados para reclamar a liberdade e unha mudanza radical do sistema penal e penitenciario.

“Trala morte de Franco, os presos comúns subiron aos tellados para reclamar a liberdade e unha mudanza radical do sistema penal e penitenciario.” Ainda máis

Raiva e odio.

raiva e odio

“O meu proxecto por sorte só son recordos de concertos pasados”

A verdade é que isto non se trata de vender a pesares de que vaia implícito no proxecto. Por moito DIY que fagas unha cousa, sempre hai cartos e traballo detrás. Pero Verkami deume a oportunidade de saltarme este proceso pra só ocuparme de crear o proxecto alén de gastos que posiblemente non podería soportar. Co apoio da xente acadei o  obxetivo proposto e ainda quedan días pra que moitos poidan facerse cunha copia do fotozine Raiva e Odio no que estou traballando. O número catro. Estou acostumado a só fotografar e a verdade pouco se me ocorre que dicir nun fanzine como A Boia con contidos moito máis densos e interesantes que unha breve reseña. Sempre dicimos que unha imaxe vale máis que mil palabras pero non deixa de ser por puro morbo. A verdadeira realidade é que as palabras nun papel que poidas soster coas mans van moito máis alá do que un bo porrón de imaxes poida mostrar. O meu proxecto por sorte só son recordos de concertos pasados, de momentos que a poucos lle importan pero que teñen historias detrás que non sei contar con palabras. O millor sempre é vivilas e disfrutalas. Outros serán os que lle poidan por letra a eses momentos. Eu só sei contar esas historias con imaxes.

 

Iago Alonso
http://www.verkami.com/projects/7620-raiva-e-odio-4

Colectivo transeún3.

1.11.5

Pasamos as nosas vidas como espectadores: crecendo, consumindo e estudando áreas  en relación ao audiovisual. Por isto decidimos formar parte da creación que está a suceder perante nós, comezando o noso proxecto nun país descoñecido. Somos integrantes deses máis de 6 millóns de desempregados, os primeiros segundo a lista de Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económicos. Decidimos mercar un billete a México para inicios de setembro do 2013, onde a través da experiencia sentamos as bases e a dirección a seguir. Partindo da nosa liberdade creativa, orientamos os nosos coñecementos audiovisuais a persoas, colectivos e asociacións que desenvolvan actividades de interese; aproveitando as vantaxes que se poden obter do mundo globalizado no que vivimos. Ainda máis

Rote zora.

“Sabemos que a situación histórica mudou. As condicións e a resistencia son distintas. Pero aínda así hai moitas reflexións que non caducan: criticar a relación androcéntrica entre os xéneros das que resultan as estruturas de control e violencia e analizar os fundamentos racistas do réximes levounos a optar pola loita (…).

A cuestión é como nos sentimos mellor e que podemos facer coa nosa rabia e a nosa crítica. Os nosos modos de analizar a sociedade especializáronse e afondaron así que os nosos argumentos son aínda máis fortes. Pero falta a práctica e falta o movemento. Velaí unha das nosas críticas. Por que as mulleres xa non se rebelan en masa contra a violencia e o control?”

Estas e non outras son as razóns que sustentan a presente edición, unha escolma de textos tan singular como descoñecida. Rote Zora foi produto dunha época que debutou co acontecemento de maio de 1968 para redimensionarse en múltiples facetas. Pensada por e para mulleres, o seu repertorio deixou atrás o modelo clásico de enfrontamento desde posicións radicais. Un exercicio de feminismo e antiimperialismo á luz da axitación armada.

Autoedición, outubro 2012
Rústica 20×13, 190 páxinas.
5 euros.

Podes atopar “Rote Zora” na distri de Lapsus (Cova dos Ratos, r/Romil 3) http://lapsusdistribuidora.blogaliza.org/