Arquivos mensuais: Marzo 2015
Turquía, un punto de inflexión*
O viaxeiro que visitara recentemente Estambul atoparíase cunha cidade en profunda transformación, cuia silueta está sendo modificada a un ritmo vertixinoso por xigantescos proxectos de construcción, que fixeron proliferar imponentes edificios intelixentes e enormes centros comerciais de luxo.
Se ben a cidade precisaba de reformas arquitectónicas, sobre todo de cara a protexer os edificios en peor estado frente á amenaza dun posible terremoto, os cambios están promovendo un fenómeno de xentrificación, é decir, amplios sectores do centro están experimentando unha drástica remodelación para ser posteriormente ocupados por clases de maior poder adquisitivo, expulsando, a súa vez, ás clases más desfavorecidas á periferia.
Xentrificación
Que é a Xentrificación?
Xentrificación é o nome que se lle dá aos procesos de transformación urbana polos que determinadas zonas estratéxicas dunha cidade aumentan artificialmente o seu valor, provocando o desprazamento da poboación economicamente vulnerable. Para este grupo a vivenda deixa de ser accesible na área revalorizada, sendo progresivamente empurrados cara á bisbarra ou zonas deprimidas. A “urbanalización” que lle segue, orientada ao consumo de espazos “desconflitivizados”, provoca a estandarización da paisaxe, a perda da identidade espacial, da memoria barrial, así coma a rachadura do tecido social.
“A xentrificación é a transformación artificial dun espazo urbano co obxeto de desprazar a poboación orixinaria e atraer a unha máis rica económicamente”
David Madden
“O contrario da xentrificación non é decadencia urbana; senón a democratización do espazo urbano”
Foto: Darwin Bell
Editorial: xentrificación
Na nosa cidade, “xentrificación” é, ao tempo, un termo case descoñecido e un proceso que arraiga firmemente no desputado chan vigués. Coma se di no campo do dereito, as leis sempre van despois dos feitos, polo que certamente, tal disonancia na velocidade de asentamento entre a verba e a realidade non nos debe estrañar. E logo, quen iría a pensar que palabras de significado positivo como “dinamización” “rehabilitación” ou mesmo “restruturación” e “humanización” non fan senón maquillar, nun último alarde de dominio do eufemismo, unha estratexia política e económica tan conservadora e inhumana?