O viaxeiro que visitara recentemente Estambul atoparíase cunha cidade en profunda transformación, cuia silueta está sendo modificada a un ritmo vertixinoso por xigantescos proxectos de construcción, que fixeron proliferar imponentes edificios intelixentes e enormes centros comerciais de luxo.
Se ben a cidade precisaba de reformas arquitectónicas, sobre todo de cara a protexer os edificios en peor estado frente á amenaza dun posible terremoto, os cambios están promovendo un fenómeno de xentrificación, é decir, amplios sectores do centro están experimentando unha drástica remodelación para ser posteriormente ocupados por clases de maior poder adquisitivo, expulsando, a súa vez, ás clases más desfavorecidas á periferia.
La batalla de Taksim destes días (maio-xuño de 2013) líbrase no económico e no político. Non en van, Taksim, centro neurálxico do lado europeo, é un lugar de alto contido simbólico, tanto popular como político, que acolle o Monumento á República e ten un especial significado para a loita obrera, especialmente dende que en 1977 morreran máis de trinta persoas na manifestación do 1 de maio.
A praza conectase coa peatonal rúa Istiklal atravesada polo seu icónico tranvía, que nos fins de semana nutrese de mareas de xente de todas as partes da cidade e de diferentes países do mundo. Taksim e Istiklal atraen tanto á convocatoria de manifestacións políticas, como as celebraciones máis populares.
“As reformas da Praza Taksim prevista antes das protestas favorecían a construcción doutro centro comercial que excluía ás clases populares e achegabase máis ao turismo de luxo provinte dos paises do Golfo ”
As reformas urbanísticas que están afectando os edificios de Istiklal e sobre todo, á praza, supoñen unha alteración radical dunha paisaxe cargada de simbolismo para as “estambuliotas”. A proposta de remodelación prevista antes das protestas favorecía a construcción doutro centro comercial que excluía, de novo, ás clases populares e achegábase máis ao turismo de luxo provinte dos países do Golfo.
Xunto a isto, no proxecto encontrabase a construcción dunha mesquita, o que se ten considerado por moitas como un símbolo de revancha frente ao férreo laicismo do legado kemalista. O proxecto urbanístico, en cualquer caso, promovía tanto a despolitización da praza como a pérdida do contido popular que sempre tivo. Todo isto reflexo dun tipo específico de modelo económico.
No político, o AKP presentouse a si mesmo como un partido demócrata-conservador ao comezo da súa primeira lexislatura en 2002 e desde entonces converteuse no partido predominante do sistema de partidos turco, moi alonxado dos seusrivais, o que lle conferiu tres maiorías absolutas consecutivas no parlamento.
O ton conciliador da primeira lexislatura foi deixando lugar a un discurso menos incluinte a partir da segunda. Se ben foi un partido capaz de mostrar un gran impulso reformista e de abrir negociacións coa UE, favorecendo un clima de cambio e apertura política, nos últimos anos, tanto por razóns internas como externas (aquí habería que mencionar a posición negativa de países membros da UE á candidatura turca) o discurso e a estratexia víronse alterados, e proba da erosión do proceso de democratización é a cada vez peor posición que ocupa Turquía nos ranking internacionais de liberdade de expresión.
“O presidente turco Abdüllah Gül declarou que a mensaxe fora escoitada, que a democracia non só pasaba polas urnas; debía permitir diferentes estilos de vida“
As limitacións ás que se viron sometida a oposición ao goberno á hora de expresar o seu descontento, así como a aprobación de lexislación, como a referida á limitación no consumo de alcol, causaron unha enorme inquietude en importantes sectores da poboación turca. Tralas protestas, o propio presidente turco Abdüllah Gül declaraba que a mensaxe fora escoitada, que a democracia non só pasaba polas urnas, e que un país en democracia debía permitir que diferentes estilos de vida tiveran cabida.
Pola súa parte, o primeiro ministro Tayyip Erdogan viu a súa imaxe seriamente danada pola brutal contención das protestas tanto no interior como no exterior. Este será sen dúbida un punto de inflexión no que o Goberno turco poderá optar por unha maior represión de maneira formal ou informal ou ben por mostrarse sensible ás demandas dos grupos que non se senten representados polo seu partido.
Autoría: Carmen Rodríguez López
* Tradución e resumo da redacción d’A Boia do artigo co mesmo título; de La Marea, 5 de xuño de 2013.
http://www.lamarea.com/2013/06/05/turquia-un-punto-de-inflexion/