Patriarcado e capitalismo.

Non podemos separar os termos “patriarcado” e “capitalismo”, xa que son intrínsecos. Se ben as sociedades que intentaron afastarse do capitalismo só conseguiron escasos avances na liberación da muller, pódese dicir que esas sociedades, en realidade, xamais lograron desterrar por completo o sistema capitalista; isto demóstrase, asimesmo, polo arrastre de vicios históricos do capitalismo: un destes, o patriarcado.

É imposible manter a integridade do capital sen unha ferramenta que garanta a non disgregación das herdanzas e esa ferramenta é o patriarcado. O patriarcado
xerarquiza a uns homes sobre outros e a todos estes sobre as mulleres. Costumes como a herdanza para o primeiro fillo varón ou o non dereito a posuír ou administrar
propiedades por parte das mulleres son útiles ferramentas do patriarcado ao servizo
do capitalismo.

“É imposible manter a integridade do capital sen unha ferramenta que garanta a non disgregación das herdanzas e esa ferramenta é o patriarcado. O patriarcado
xerarquiza a uns homes sobre outros e a todos estes sobre as mulleres.”

A cuestión de xénero para a maior parte dos ideólogos e defensores das ideoloxías de xénero é só unha escusa máis para poñer a uns sobre outros, algo absolutamente
necesario para a subsistencia do capitalismo.
Se patriarcado e capitalismo son intrínsecos, feminismo e anticapitalismo tamén o son,
xa que a igualdade de xénero non é posible sen a destrución total do capitalismo.

Autoría 15M Conciencia Social.