A Boia entrevista a… Lucía Maina.

PERIODISTA-COMUNICADORA SOCIAL, DIFUSORA DA LOITA CONTRA OS MONOCULTIVOS DE TRANSXÉNICOS E O USO DE AGROTÓXICOS NA ARXENTINA.

entrevista 4

Como te implicaches na loita contra os tranxénicos?

Básicamente porque como periodista comecei a investigar sobre as denuncias e loitas que se viñan dando entre a veciñanza de Córdoba, da cal tamén son veciña.

Que dimensións ten o cultivo de transxénicos na Arxentina?

É o terceiro pais productor de transxénicos a nivel mundial, con 24 millóns de hectáreas, que significa o 75% da superficie cultivada.

E cal é o producto dese cultivo transxénico?

Principalmente prodúcese soia e millo transxénico, que na súa maioría é exportada. O principal importador de soia arxentina é a UE, cun 30 %, e dentro disto é o estado español o que máis recibe. Outro gran importador é China. Anteriormente esa producción era para o alimento do gando, pero últimamente, dun xeito crecente, adícase para os mal chamados “biocombustibles”; que en realidade deben chamarse agrocombustibles, porque de “bio” non teñen nada.

A quen beneficia este tipo de producción e comercialización?

Este modelo de cultivos de tranxénicos beneficia sobre todo a grandes corporacións, como a multinacional Monsanto. Estase producindindo unha concentración da propiedade da terra, profundizándose a desigualdade económica e social.

En que consiste o “paquete do cultivo transxénico”?

É un paquete tecnolóxico que inclúe a sembra directa (non se aplica nengún medio mecánico para labrar a terra e limpar o cultivo), as fumigacións con pesticidas, insecticidas e herbicidas, e a propia semente transxénica resistente a aqueles agrotóxicos.

É por tanto certo que cultivo transxénico reduce o uso de agrotóxicos?

Non, todo o contrario. As evidencias en Arxentina dicen que aumentou ano a ano a cantidade de agrotóxicos aplicados nun 800%.

“As evidencias din que en Arxentina, o cultivo transxénico fixo que aumentase a cantidade de agrotóxicos aplicados nun 800%.”

Como afecta os cultivos de transxénicos á poboación da provincia de Córdoba?

Lle afecta en moitos sentidos. Fundamentalmente na saúde, a través de casos de cáncer, malformacións, abortos,… actualmente comprobouse tamén danos xenéticos nas crianzas expostas. Pero tamén a nivel ambiental, coa debastación da flora e fauna da zona.

entrevista 3

Por que se fan as fumigacións de noite?

Hai quen dí que é convinte a nivel técnico, polos ventos. Pero fundamentalmente ten que ver con que cada vez hai máis cuestionamento a esta actividade. Fumigando de noite pretendese ocultala á poboación, especialmente á veciñanza das cidades que se atopan rodeadas de campos de cultivo transxénico.

Hai algún límite legal aos cultivos transxénicos e as fumigacións ?

Sí hai límites, hai leis, pero son mínimas, moi permisivas. Así a regulación existente permite aplicar glifosato xunto as casas, as escolas, os campos de xogo das crianzas,… polo tanto non se está a protexer a saúde da poboación.

“A regulación existente é moi permisiva; é legal aplicar glifosato xunto as casas, as escolas,…. non se está a protexer a saúde da poboación.”

entrevista 1

Pode citar algún exemplo de resistencia popular aos cultivos transxénicos na vosa provincia?

Hai dous casos centrais. O primeiro foi a loita dun grupo de veciñas do barrio Ituzaingó, na cidade de Córdoba, que conseguiron que por primeira vez fosen condenadas como delito as fumigacións con agrotóxicos. E o outro, é o que se está dando actualmente nas cidadades de Rio Cuarto e Malvinas Argentinas, que están impedindo que Monsanto instale as súas propias factorias na provincia de Córdoba.

Como foi recibida esta resisitencia popular pola autoridade?
Houbo diferencias. No caso de Rio Cuarto, ante a presión popular, finalmente o alcalde acabou negando o permiso á multinacional; expresando el mesmo que o facía para preservar a paz social. Pero no caso da cidade de Malvinas Argentinas, na que a situación ainda non está resolta, esta habendo moitos casos de represión; violencia policial, e tamén de grupos de presión sindical, non se sabe exactamente, se é que foron enviados polo goberno ou a mesma empresa; chegou a haber feridos nos disturbios, ameazas de morte,…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *