Ilustrisima’s

Coa intención de crear unha rede de difusión de coñecementos tanto históricos como actuais sobre o xénero feminino, Ilustrísima’s reivindica figuras que cómpre que sexan consideradas referentes, tanto por unha lectura positiva dos seus fitos como polo excéntrico e cruel dos seus actos.
A través de retratos de grandiosas damas, Ilustrísima’s convida aos seus lectores á marabillosa aventura do saber, introducindo xocosos comentarios que achegan certa información (non de todo fiable) sobre as aquí retratadas.


Esta proposta editorial nace tamén co obxectivo de crear unha rede de
ilustradorxs, librepensadorxs e amantes da retranca do noso tempo.
Ilustrísima’s 4 eva!
https://www.facebook.com/ilustrisimas

ilustrisimas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *