Campanha contra a tortura, continúa a loita.

Cárcere = Tortura

Esta campanha xorde fai 16 meses trala proposta de companheir@s pres@s de dar resposta ao illamento e á sistemática tortura que ocorre dentro das prisións.

Os obxectivos son:

1o) crear unha rede de apoio xurídico,
2o) establecer canles de comunicación dentro-fóra e dentro-dentro,
3o) sensibilización social.

Tras máis dun ano de traballo hai unhas 70 persoas presas participando, facendo xaxúns, chapeos, escritos e demais actos de protesta. Cubriuse a axuda xurídica en gran parte do Estado e existen grupos de apoio por toda a Península. En Galiza hai persoas presas organizadas en todos os cárceres, aínda que son os módulos de illamento da Lama e Teixeiro os que se fixeron tristemente famosos polas constantes denuncias de torturas. En resposta á loita organizada, na Lama, as persoas que están a denunciar irregularidades e informaron ao resto de presxs da existencia da Campanha, sufriron toda clase de presións.

Retrataremos o proceso habitual de tortura. Xorde un conflito e dúas opcións: submisión ou rebelión. No primeiro caso, o castigo pode non pasar dalgúns golpes ou humillacións. No caso de rebelión, pásante a illamento e, en función do humor dos carcereiros, recibes malleiras durante un, dous ou tres días seguidos nos que poden entrar carcereiros nos cambios de garda para aporrearte as plantas dos pés, estómago, costelas, etc. Todo isto acompanhado de coacción, complicidade médica, xudicial e institucional, rexistros, intervencións, sancións e dispersión.

Á parte de que ao cárcere só van pobres, que non reinserta e que é un medio de control, non podemos deixar que un fillo lle envíe ao seu pai unha bolsa coa pel dos seus pés esgazada, ou que a unha presa lle rompan un pulso, a intenten violar e, por riba, sexa torturada por loitar polos seus dereitos.

ABAIXO OS MUROS, NON MÁIS TORTURAS!

3o sábado de cada mes na Cova dos Ratos, xantar popular en apoio á campanha.

G. de apoio campanha Cárcere=Tortura Vigo noestansolxs@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *