Que é a soberanía popular?

soberanía_1Aeroxerador    autoconstruido    en    Malawi

Foto:whiteafrican

A soberanía é a capacidade que posúe un pobo para gobernar sobre si mesmo en tódolos eidos que lle atinxen (territorio, habitantes, leis…). O concepto de soberanía relaciónase directamente coas nocións de lexitimidade e independencia, fronte ao uso arbitrario do poder e ao dominio dun pobo sobre outro.

“A soberania alimentar é a facultade de cada pobo para definir as súas políticas agrarias e alimentarias ”

Que soberanías hai no terreo socio-económico?

-Soberanía alimentaria

  • Facultade de cada pobo para definir as súas propias políticas agrarias e alimentarias apoiándose no desenvolvemento sostible e na seguridade alimentaria.
  • Baséase     na     idea     de… protección do dereito dos pobos a alimentos nutritivos, axeitados, accesibles, producidos de forma sostible e ecolóxica.

Oponse    a…

…. política da FAO (baseada na dispoñibilidade de alimentos) incidindo na importancia da orixe e o modo de produción dos alimentos.

… política da OMC (baseada no principio de libre comercio) incidindo no fortalecemento e control da economía a través da lexislación.

– Soberania enerxética

  • Capacidade dunha comunidade para exercer o control e para regular de xeito racional, limitado e sostible a explotación dos recursos enerxéticos.
  • Baséase    na    idea    de… o dereito dos pobos ao control autónomo e á distribución equitativa dos seus recursos enerxéticos nun marco de sostenibilidade ambiental.

Oponse    a… calquera modelo de produción centralizado e en mans de poucas persoas ou empresas así como ao emprego de combustibles fósiles, caros e pouco accesibles.

– Soberanía tecnolóxica

  • Capacidade dunha comunidade para tomar decisións en relación coa tecnoloxía que emprega; como, cando e por que modificala, e, sobre todo, con quen traballar este aspecto crucial para o desenvolvemento dunha sociedade.
  • Baséase     na     idea     de… protección do dereito dunha comunidade de dominar os seus medios tecnolóxicos de tal xeito que non poidan ser controlados por outros intereses alleos. Incide na idea de autoconsumo e creación colectiva e aberta.

Oponse    a…o modelo capitalista actual que se basea nun modelo privativo que só proporciona ao consumidor o dereito ao uso da tecnoloxía adquirida.

18_3Foto:    Han    Soete

Soberanía dos pobos vs. Globalización

No mundo actual o neoliberalismo impón a súas liñas ideolóxicas e o seu sistema de valores. A rendibilidade económica, a eficiencia, a “modernidade” ou a velocidade, son conceptos ligados ás ideas de homoxeneidade e de poder.

Vivimos unha nova onda colonizadora (onde non hai necesidade de ocupar os territorios fisicamente) baseada no desenvolvemento de normativas que consisten en baleirar de poder os órganos de soberanía popular para llo ceder ás empresas progresivamente.

Existen milleiros de factores e modelos que confrontan o modelo actual capitalista pero hai dúas liñas que marcan especialmente a xeración dunha nova cultura que rache coa existente:

Conservación dos Pobos Indíxenas. Os pobos indíxenas son colectividades que asumen unha identidade étnica en base a unha cultura, unhas institucións e unha historia que os definen como pobos autóctonos dun territorio. No mundo hai 370 millóns de indíxenas (5% da poboación mundial) repartidos en 70 países dos 6 continentes, que conservan máis de 5000 das 7000 linguas que hai no mundo. Ademais empregan prácticas baseadas na adaptación natural ao medio, polo que axudan a protexer a diversidade biolóxica mundial. Os 17 países que albergan máis de 2/3 dos recursos biolóxicos do planeta son os territorios tradicionais da maioría dos pobos indíxenas do mundo.

Cambio cara a un Estilo de Vida Sostible en occidente. A cultura occidental é quen impulsa o modelo capitalista actual, que xa hoxe abrangue todo o planeta e que empurra cara a unha situación non sustentable (calcúlase que en 2050 seremos 9.000 millóns de habitantes e necesitaremos 2,5 planetas como a Terra para cubrir as nosas necesidades). Fronte a isto xorden novas liñas que se apoian nun estilo de vida sostible (concepto que se basea en dar resposta ás necesidades básicas, ofrecer una mellor calidade de vida, minimizando o uso dos recursos naturais e emisións, e sen comprometer as necesidades das xeracións futuras).

E ti… Que podes facer?

Informarte e procura cooperativas e colectivos que aposten pola soberanía alimentaria, tecnolóxica e enerxética. Consume produtos de “km. 0“ (producidos na túa propia localidade) que sexan respectuosos co medio ambiente e procura converterte nun prosumidor (persoas que consumen o que elas mesmas producen). Actívate e implícate con outras persoas en tecer redes de produciónconsumo locais.

Ecoar))).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *