Muller e Prisión.

A sempre silenciada e manipulada realidade das pobres, aquelas que nacen, viven e morren excluídas, aquelas que son  encerradas por delitos que rexe un código penal clasista, que non ten en conta a realidade social senón a capacidade de contratar un avogado.

1.10.5.1

No Estado Español estamos afeitos a bater récords e, como non podía ser doutra forma, somos o país europeo con mais mulleres encarceradas. En cárceres danse continuas violacións de dereitos, constantes agresións psicolóxicas, físicas e sexuais. Recentemente puidemos ter coñecemento da seguinte noticia: “Condenado a 25 anos un funcionario do cárcere de Souto do Real por abusos sexuais ás presas”. Pero que isto non nos leve a equívocos, nos cárceres de mulleres vívese un réxime de dominación e abusos constantes. Esta sentenza só visibiliza a punta do iceberg nun caso no que un grupo de presas se fortaleceron mutuamente e atrevéronse a loitar.

“As chantaxes sexuais son constantes, se non aceptas existen mil formas de
converterche en culpable.”

As chantaxes sexuais son constantes, se non aceptas existen mil formas de converterche en culpable de agresión, de faltas á autoridade, etc. Serás conducida a
Illamento e o que pase alí, só ti e el ou eles saberédelo.

Superar o medo é fundamental para deter esta situación, tal e como fan mulleres como Francedy, Diana, Talla e Miosoti, que se atreven a denunciar, a falar e sinalar, a romper o silencio e abrir unha nova ventá nas súas vidas, a ventá da Dignidade e o Respecto.

Presas si, pero coa cabeza alta. Non temos porqué avergonzarnos de ser pobres, de vivir no submundo das drogas e a marxinación social. Os mesmos que nos encerran provocan a nosa miseria.

Cárceres de mulleres controladas por homes, nas que se crían nenos e nenas presas, lonxe das cidades, illadas do mundo, sen apenas actividades nin perspectivas de mellora, masificadas, e a ninguén lle importa, ou a case ninguén, unha nova conciencia colle  forma e cobra  forza.

A conciencia solidaria: un planeta para todas, e todas para o planeta, libres e felices.

Abonda de marxinación.

Abonda de aprisionamento da pobreza.

Recuperemos as nosas comunidades corrompidas pola avaricia capitalista.

Liberemos as nosas irmás e irmáns.

Autoría Grupo de Apoio Galiza Sur á Campaña CÁRCERE=TORTURA.
noestansolxs@gmail.com
http://www.carceligualtortura.org/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *