Colabora na nova etapa d’A Boia

aniversario rojo 2A boia comeza nova etapa. Por cuestións económicas e organizativas retiramos as nosas caixiñas dos locais, pero isto non significa que A Boia non siga facendo Contracultura dende a Ría.

Igual que na fase anterior,TI PODES COLABORAR enviando as túas propias aportacións de contra-cultura en forma de artigos, reseñas, obriñas literarias e material gráfico de todo tipo.

Os formatos requeridos son:

Artigo (de opinión e/ou información, manifestos, cartas de denuncia, comunicados,…): entre 2.000 e 5.000 caracteres (sempre contando espazos en branco)

Obra literaria (poemas, relatos, contos,…): máximo 5.000 caracteres (en caso de máis, faránse varias entregas)

Material gráfico (fotografías, ilustracións, viñetas, gráficas, cadros sinópticos…): non hai limitacións (tamén poderán facerse en varias entregas)

Reseña (de libros, filmes, intervencións artísticas e/ou políticas,…): máximo 2.000 caracteres.

E se pertences a un colectivo (político, social ou cultural), envíanos unha nota cos teus eventos (manifestacións, actos, eventos,… ) no que indiques: nome da actividade, lugar, data, hora e prezo (ou calquer outrra condición para participar nel)…e nós o publicaremos no noso almanaque.

Como costume, todo en GALEGO e baixo licencia 88x31Envía as túas colaboracións a revistaaboia@gmail.com

caixiñas

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *