Que é a Unión Europea?

 

800px-Eurofighter_9803_5 Foto: C.Kogo

É unha organización política supranacional integrada por 28 estados. A UE constitúese nunha forma de confederación moderna, atípica e única, na que a soberanía está repartida entre a Unión e os estados que a integran.

Cales son as institucións da Unión Europea?

A UE conta cun sistema de goberno híbrido, no que se conxugan institucións baseadas na ciudadanía europea e outras derivadas dos acordos entre algúns ou todos os estados que o integran.

Parlamento europeo (PE):é unha cámara composta por 766 diputados elexidos polo sufraxio da cidadanía europea en circuscripcións estatais. O PE é en teoría a institución suprema da UE, ten atribucións lexislativas, presupuestaria e escolle á Presidenta da Comisión Europea.

Consello da Unión Europea (CUE):O CUE é en realidade un cúmulo de consellos formados polas ministras de cada un dos estados membros da Unión. Así hai un Consello de Asuntos Exteriores, outro de Económicos e Financieiros,… O CUE ten potestades lexislativas, presupuestarias e executivas, unhas veces de xeito colexiado co PE e outras de forma exclusiva (como é o caso dos asuntos exteriores e de “defensa”).

Consello europeo (CE):É un consello formado polos xefes de goberno e/ou estado de cada un dos estados e pola presidencia da Comisión Europea e o da propia CE. En teoría o CE é unha institución sen atribucións específicas, pero en realidade, é o centro onde se toman as decisións máis importantes da UE. Así, os CE de fins de 2011 e comezos de 2012 foron os que consolidaron as politicas de “austeridade” responsables de ainda máis recortes de dereitos sociais nos paises “pobres” da UE.

“En teoría o Consello Europeo é unha institución sen atribucións específicas, pero en realidade, é o centro onde se toman as decisións máis importantes da UE.”

Comisión europea (COE):Ten dous niveis, un inferior composto por unhas 38.000 funcionarias, e un superior composto por unha presidenta escollida polo CE e un “Colexio de Comisarias” formado por cargos nomeados polos estados membros que asumen unha carteira determinada (xustiza, industria, …). A COE é a auténtica forza executiva da UE, é a encargada de desenvolver e velar pola aplicación das leis e tratados acadados nas outras institucións da UE. Así, a Comisión de Pesca é aque concreta as coutas de cada frota según o principio da Política Pesqueira Común e os estudos científicos específicos.

Tribunal de Xustiza da UE (TXUE): Encárgase de interpretar e aplicar o Dereito da UE. Está composto polo Tribunal de Xustixa e un Tribunal Xeral, ademáis existen Tribunais especializados. Todos teñen caracter vinculante para os estados membros da UE. O TXUE acepta recursos de estados e de particulares, como foi no caso no que, gracias a un recurso particular, se obrigou ao estado español a abolir a “Doctrina Parot”.

Banco Central Europeo (BCE):É o banco encargado de manexar a política monetaria dos 18 Estados da Eurozona: define e executa a política monetaria do Euro, dirixe as operacións de cambio de divisas, coida as reservas exteriores do Sistema Europeo de Bancos Centrais e promove o bo funcionamento do mercado financieiro.

A quen beneficia a Unión Europea?

A UE é en realidade unha refundación das “Comunidades Europeas” (a do Carbón e o Aceiro, a da Enerxía Atómica, a Económica Europea, a de Defensa,…) e Unidade Europea de Occidental; institucións creadas nos anos 50 e 60 co dobre obxetivo de potenciar o capitalismo supranacional e oporse ao desenvolvemento do bloque socialista.

A UE, instituida en 1993, ainda que fose adornada coa cidadanía europea e uns dereitos civís moitas veces vulnerados, é en realidade unha ferramenta que empregan as élites económicas e gubernamentais para perpetuarse no poder.

“A UE, ainda que fose adornada coa cidadanía europea, é en realidade unha ferramenta das élites para perpetuarse no poder.”

Boa prova disto é a falta de democracia, transparencia e congruencia da UE. Na práctica a UE non procura o benestar da poboación, nen unha cidadanía activa, nen facer medrar a capacidade de autogoberno dos pobos e as pequenas comunidades. As institucións con máis poder na UE (CUE, CE, CEO e BCE) nen sequera se derivan do sufraxio universal da cidadanía europea, se non que son designados pola élite gubernamental (os dirixentes estatais), convertendo ao PE nun parlamento sen poder real.

texto do mes 1

Foto: Zacarías Abad

Na práctica, a CUE, o CE, a COE e o BCE, son institucións instrumentalizadas polos lobbys empresariais e os estados máis poderosos, dende as que se impoñen medidas antipopulares e que incluso van encontra dos principios da UE. Dúas probas disto son os límites que se puxeron durante anos ao libre movemento das cidadás de Rumanía e Bulgaria (xa que nese momento xa non facía falta tanta man de obra barata), ou que, mentres se abolían moitas outras fronteiras, se mantivera artificiosamente as fronteiras entre os sistemas bancarios (preservando así os paraisos bancarios e as comisións na transferencias entre estados).

Que podes facer ti?

Infórmate de como funciona a UE e oponte a UE do capital. Intégrate e participa en iniciativas e proxectos que favorezan o desenvolvemento solidario e sostible nas diversas escalas, dende o local ate o global.

 

Autoría Ecoar)))

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *