A actual polémica coa imposición do histórico arrastreiro “Bernardo Alfageme“ nunha rotonda de Coia, demostra unha vez máis a pobre comprensión que hai do Noso Patrimonio na nosa propia cidade.
O Southern Actor (anteriormente IBSA I, baleeiro da Massó), buque baleiro de 65 anos, restaurado e mantido útilmente polo Museo da Balea de Sandefjord (42.000 habitantes)
O “ancestral xeito vigués” (extendido dun xeito ou outro por case todos os niveis da sociedade) de maltratar o legado natural e material das xeracións pasadas débese en gran medida as propias institucións e cargos públicos. O buzaco preboste de Abel Caballero é o brazo executor dunha mentalidade elitista que apenas comprende o noso patrimonio como unha colección de obxetos de anticuario: cousas bonitas si; que o mesmo (ou non) vale a pena conservar, pero únicamente como caras e inertes pezas de museo (de “mirar en non tocar”) que hai que conter en furnas (ou rotondas). Cousas da ignorancia, ou quizias máis ben, haxa un interese premeditado de manter as relacións de poder (social, político e cultural) xa establecidas.
Xa falei (1) da necesidade de cambiar o noso paradigma: é preciso deixar de velo legado material do pasado como algo puramente académico e museístico, (“Patrimonio Histórico-Cultural“), e comezar a falar de útiles e infraestructuras do “Patrimonio Social”, polo cal certos exemplares ainda ”útiles, que actualmente (están) sen uso … apodrecendo nas mans dos capitalistas e do Reino de España” sexan conservados,
socializados, reutilizados e transmitidos polo pobo.
“Vostede que prefiríría, pagar 1 euro por ver un barco nunha rotonda, ou 1,42 euros por telo navegando, por exemplo para levala de excursión a Cíes?”
Non falaremos máis do devandito barco (2). Só unha pequena reflexión:
– fálase de que colocar o barco na rotonda custaría 300.000 euros (3)
– estimouse que restauralo para matelo navegando custaría uns 426.000 euros (4)
Dado que en Vigo somos unhas 300.000
persoas, vostede que prefiriría?
-pagar 1 EURO por VER un BARCO dentro dunha ROTONDA
-pagar 1,42 EUROS por TER un BARCO histórico NAVEGANDO (que poidera levalo a vostede de excursión a Cíes)
Arriba: Señoras norueguesas de excursión e comendo unha especie de cocido a bordo do Southern Actor
1 “Patrimonio Social e Cultura Libre“, A Boia nº 17, setembro 2014.
2 “O arrastreiro Bernardo Alfageme: para que investimos …“ A Boia nº 5, agosto 2013
3 J. Pastoriza“El Bernardo Alfageme fondeará en Coia“. Faro de Vigo , 6-10-2013.
4 J Mosquera “El bernardo Alfageme a flote“. Faro de Vigo, 29 -9-2009
Autoría: Uxío Reinoso Maset