Europa – Revista A Boia

“La compleja construcción de la ‘Europa’ superpotencia.”
“Este libro trata da inviabilidade e insustentabilidade a medio e longo prazo do proxecto europeo e a necesidade do seu desmantelamento”

“La compleja construcción de la ‘Europa’ superpotencia. Una aportación al debate sobre el futuro del Proyecto Europeo y las resistencias que suscita”, Ramón Fernández Durán (Virus editorial), é un libro pretende ser unha análise do longo camiño percorrido dende a construción da Europa do capital e das resistencias ata o seu despregamento, así como unha proposta acerca da necesidade de deconstruir o proxecto europeo para conseguir un mundo máis xusto e sustentable. Aborda o rapto de Europa polo capital ao longo da historia; os porqués do inicio da construción do proxecto europeo e da súa evolución; a forxa da UE co Mercado Único e a moeda única; o mundo post-11-S, unha nova ameaza para unha UE que acentúa a súa proxección cara ao leste; a inviabilidade e insustentabilidade a medio e longo prazo do proxecto europeo e a necesidade do seu desmantelamento, transcendendo tamén os Estados-nación que o compoñen, co obxecto de abrir novas vías de transformación político-social dende abaixo.

Lapsus distribuidora alternativa. lapsus@sindominio.net.

Editorial (Maio).
A construción da Unión Europea actual ten como núcleo central o capitalismo. Todo o edificio da Unión Europea constrúese sobre as directrices neoliberais ditadas pola Troika (Banco Central Europeo, Consello de Europa e Fondo Monetario Internacional).

O ano 2010 foi o ano que se marcou a Unión Europea para rematar coa pobreza definitivamente en Europa, pero a chegada das políticas de recortes en dereitos xustificados a través da “crise” económica para pagar unha débeda ilexítima creada dende as elites económicas, fan camiñar aos cidadáns e cidadás do continente en dirección contraria. Europa hoxe conta con 125 millóns de persoas vivindo na pobreza (un 25% da poboación!) dos que 25 millóns son nenos e nenas,e onde se sitúan o 8,9% dos traballadores e traballadoras.

Pero a UE é cada vez máis determinante nas nosas vidas.  A Unión Europea vertébrase a través dun modelo de colonialismo económico que usurpa a soberanía aos estados a través medidas de aforro e recortes, afastando os órganos do poder popular e pousándoos no poder empresarial.Calcúlase que neste momento o 70% das leis polas que se rexen os estados membros teñen a súa orixe directa ou indirectamente na UE. De aí medidas como a modificación do artigo 135 da constitución española aprobada polo PP e o PSOE, o conflito do Tax Lease ou o conflito da cota coa frota pesqueira do cerco.

E perante esta situación a tensión social vai en aumento. Cada día que pasa as mobilizacións, iniciativas e protestas crecen en número e variedade. A organización popular medra buscando a construción doutra Europa que poña como centro de construción o social, o ecolóxico e a solidariedade entre os pobos e as persoas. Unha Europa que debe conducirse frontalmente contra o capitalismo e enfrontarse ao mesmo afastándose dos valores de competitividade, delegación das responsabilidades e beneficio e rendibilidade económica,  apostando por un modelo de colaboración, autoorganización e asunción da responsabilidade individual sobre o colectivo, o reparto equitativo da riqueza e a protección dos dereitos, as liberdades e a natureza!

Europa alimentando a xenofobia.
O medo e o rexeitamento ao estranxeiro son alentados pola clase política que nos goberna.

Está é unha teima constante dos facismos. A entrada “masiva”, a “avalancha” de inmigrantes, supón un perigo. Hainos que frear: con muros, arame de pugas, coitelas, pelotas de goma, disparos, lexislación, etc. Van a invadir Europa, a cal aprobou en setembro de 2008 unha lei contra o racismo e a xenofobia, que recibiu no 2012 o Premio Nobel da Paz “pola súa contribución á democracia e aos dereitos humanos”.

“Europa colabora á situación de África, explotando os seus recursos naturais, utilizandoa como basureiro, infirindo no comercio, aprópiandose das terras e explotando a man de obra barata. ”

Cales son as condicións de vida que impulsan a unha persoa a abandoar a súa familia e o seu país, e arriscar a vida nunha fuxida en condicións terribles: en pateras, agochados en camións, barcos ou colectores, acosados polas mafias, pola fame e polo medo? Que fariamos no seu lugar?

Como colabora Europa á situación de Africa?

Repártese o continente creando fronteiras en liña recta a golpe de escuadra: as colonias, explota os seus recursos naturais a calquera prezo (como exemplo actual temos a extración e comercio do coltan para os nosos aparellos móbiles), emporca e envelena o seu entorno, utiliza os seus países como basureiros ofrecéndolles toneladas de lixo electrónico, infire no seu comercio de xeito que as pequenas agricultoras non poidan competir cos alimentos que chegan de Europa subvencionados, aprópiase das súas terras para os nosos monocultivos e empresas, coa colaboración dos gobernos locais corruptos pagados polas multinacionais, e xa de paso, explota a súa man de obra barata, que por necesidade, acepta calquera condición… Podemos ir máis atrás no tempo e atopar o vergoñento comercio de escravas.

As persoas inmigrantes que consiguen pasar a fronteira mirámolos percorrendo as praias incansables, cargados de sombreiros e bagatelas para os turistas, fuxindo da policía coa manta ao lombo, soportando nos mercadiños o regateo e a burla, limpando e coidando os nenos das familias ricas mentras os seus fillos  esperan os euros que lles poidan chegar.

Quen son realmente os perigosos?

Ánxeles B.F.