ODS-Coia – Revista A Boia

O despropósito do ‘Ticket Eléctrico’ da Xunta: Non se xoga coas necesidades básica
Varios colectivos denuncian a inadecuación da estratexia da Xunta para acabar coa chamada pobreza enérxetica. O ‘Ticket Eléctrico’ é un esmola chea de atrancos que non van a orixe do problema: a especulación coas necesidades da xente.

Foto: Hernán Piñera

A Xunta de Galicia a través da propaganda e/ou a simulación pretende substituír os dereitos por esmolas. Lonxe de mudaren a desigualdade e a inxustiza crecentes, o goberno autonómico perpetúa coas súas políticas unhas estruturas que enchen os petos duns poucos a costa de facer negocios coas necesidades básicas de todas.

Un exemplo desta políticas é a convocatoria do ‘Tícket Eléctrico’: unha axuda para o pagamento de parte da factura eléctrica a familias con fillos menores a cargo con ingresos que non superen 798 €/mes ou 9.585 €/ano referidos a 2013.

A presión social unido ao desastre da anterior convocatoria trouxeron pequenas mudanzas, que nada disimulan o despropósito desta insuficiente axuda. A contía sube agora aos 90€ ao semestre para familias con menores, 150€ no caso daquelas que posúan o título de familia numerosa. Igual que a finais do pasado ano o tícket hai que presentalo telematicamente logo de achegar unha morea de documentos e acreditar unha vida na miseria absoluta ou ás portas dela.

Neste enlace deixamos un resumo desta convocatoria, onde aparece a documentación necesaria para facer a solicitude.

O pasado martes 28 de abril varias ducias de persoas, convocadas pola ODS-Coia, G.A.S. e a parroquia do Cristo da Vitoria, concentrámonos diante da delegación da Xunta de Galicia en Vigo para denunciar que non aceptamos “Ningún negocio coas nosas necesidades”. A través dun acto de entrega colectiva do ticket eléctrico deixamos de manifesto que esta medida nin remata coa pobreza enerxética, a cal sufrimos cada días máis fogares, nin serve para garantir o dereito ao subministro eléctrico, independentemente de ter ou non ingresos.

As respostas da Xunta a necesidades tan básicas como a electricidade é, ademais desta esmola asistencial en forma de ticket, son as seguintes:

– Unha chea de policía (secreta incluída) e gardas de seguridade, que coma en anteriores ocasións, estaban pendentes dos movementos dun grupo de persoas que acudían a denunciar a “mala vida” que nos ofrecen os poderes a través da presentación desta axuda.

– Un informe asinado polo xerente do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) en resposta á queixa feita na presentación colectiva do ticket eléctrico realizada o 24 de novembro de 2014. Chama a atención que a resposta chegou días antes de facer pública a convocatoria do acto na Xunta. Pero máis que a data da resposta o chocante é o contido da mesma. Por partes a comentamos:

– Solicitudes só por vía telemática: o INEGA xustifica a obrigatoriedade e exclusividade da presentación telemática das solicitude, no“alto número de solicitantes potenciais”. Compartimos ese argumento, pero unha cousa é que unha ampla maioría de persoas suframos para pagar as facturas da luz e outra diferente é que sexamos quen de cumprir os restritivos requisitos que establece a Xunta. E sempre e cando teñamos a capacidade de cursar unha solicitude que semella pensada para que non a presentemos.

– Negativa do Concello de Vigo a colaborar coa documentación: o Concello négase a emitir o ‘informe social’ da solicitante requirido na convocatoria. Un informe social absolutamente innecesario, xa que debería ser unicamente o nivel de renda o criterio para conceder ou denegar a axuda, non precisando dun informe dunha traballadora social para acreditar tal extremo.

– Impedimentos para tramitar a solicitude na Xunta: o xerente parece presumir de que o 24 de novembro mandaron de Compostela dúas funcionarias para axudar cos trámites ás persoas que nos concentramos para solicitar a axuda. Dende a apertura do prazo até a finalización do mesmo, na delegación de industria en Vigo o que había era descoñecemento e desinformación e falta de equipos e material para cursar as axudas: a plataforma tiña un funcionamento precario e non existían ordenadores a disposición do público.

– A miseria da contía da axuda: véndesenos que nesta convocatoria a contía da axuda aumentou até os 90 €, ou 150 de sermos familia numerosa. En tempos en que unha gran parte da poboación sofre a cotío a chamada pobreza enerxética, en que moitas de nós sufrimos cortes de luz por non poder pagar as elevadas facturas, a escaseza do importe das axudas parécennos un insulto.

– Excesiva burocratización das convocatorias: ademais de termos que salvar a presentación telemática, a falla de persoal e equipos para a tramitación, volvemos a sufrir os atrancos administrativos, a esixencia de documentación, unha dobre convocatoria para unha única axuda, que nos obriga a superar a mesma “carreira de obstáculos” para conseguir uns poucos euros.

Esiximos que a Xunta, como o resto das administracións, tome en serio o benestar das persoas, e que, dunha vez por todas, mude a concepción asistencialista e miserenta á que nos ten acostumadas, por medio de políticas que vaian a orixe do problema, que ataquen e rachen con este sistema no que mentres moitas pasamos frío, uns poucos enchen os petos especulando coas nosas necesidades básicas.

Coia, maio 2015.

Autoría: ODS-Coia, G.A.S. e a parroquia do Cristo da Vitoria

http://odscoia.arkipelagos.net/xunta-convoca-de-novo-un-ticket-el%C3%A9ctrico-insuficiente

A boia entrevista a… Oficina de Dereitos Sociais de Coia.
Que é a Oficina de Dereitos Sociais de  Coia?

Un punto de información sobre dereitos sociais no que tentamos ofrecer  información alternativa acerca de axudas sociais, denunciar o empobrecemento, visualizar a dor causada polo capitalismo e artellar respostas colectivas e dende abaixo a esta tolemia que nos ofrecen como única vida.

No último ano levamos unha sorpresa. Sen saber moi ben como, comezamos cunha dinámica de asembleas abertas, os martes cada 15 días na parroquia do Cristo en Coia, nas que participamos xentes moi diversas e dende as que nos puxemos a buscar saídas en forma de concentracións, presentación de escritos, reunións con colectivos sociais…

Recentemente participastedes nunha campaña de denuncia do mal funcionamento dos servizos sociais  do Concello de Vigo. Cales eran as deficiencias? Houbo algunha resposta dende o Concello?

Coas asembleas vimos que os problemas que padeciamos ao relacionarnos con servizos sociais tiñamos que afrontalos de modo colectivo. A opacidade na xestión das axudas, os elevados tempos de agarda, a “burrocracia”, a ausencia dun protocolo que respecte o procedemento administrativo legalmente establecido… eran problemas xeneralizados que nos deixaban nunha situación de indefensión ante a administración, así que comezamos a denuncialos publicamente ao tempo que nos reuniamos cos responsables políticos esixindo solucións. Finalmente a presión que exercemos ao longo destes meses semella que fixo efecto e hai unhas semanas Isaura Abelairas convocounos para falar deste asunto e para recoñecer algunhas das nosas reivindicacións. Está por ver como e cando implementarán esas mudanzas, pero seguiremos a esixir dereitos sociais para todas.

Dun xeito breve e sinxelo, podes explicar  en que consiste a Renda Básica da Iguais (RBis).

É o dereito de toda persoa a percibir unha contía periódica para cubrir as necesidades básicas. A RBis é individual, universal, incondicional e cunha contía polo menos igual ao limiar da pobreza. Ademais, unha parte percibiríase en man e outra iría a un fondo común cuxo destino se decidiría colectivamente.

É unha proposta máis que, dende o rexeitamento ao sistema capitalista, busca ser unha ferramenta para redistribuír a riqueza e transformar a sociedade dende abaixo e colectivamente.

Como pensades que debemos tecer a resposta social para cambiar o actual sistema?

Nós buscamos facelo no día a día, cos apoios e relacións con outras, facendo festas, intentando comprender esta tolemia, denunciando aos responsables de tanta dor, artellando espazos de vida… en definitiva, vivindo iso que repetimos moitas veces “Xuntas a calquera parte, soas a ningunha”.

Os cartos de todas para todas!
Dicímolo na rúa, dicímolo con razóns, dicímolo colectivamente e non pararemos ata que os poderes sintan que roubarnos as nosas vivendas, a nosa saúde, a nosa educación, as nosas pensións, os nosos dereitos, as nosas VIDAS… non lles vai ser doado.

Só en Galiza hai máis de 650.000 persoas por baixo do limiar da pobreza, mentres unhas poucas familias acumulan a riqueza de todas de modo insultante. Pero a crúa realidade que vivimos pode ter outra cara se somos quen de aglutinar forzas que traballen arreo pola transformación radical deste sistema asasino.

Para dita transformación hai múltiples ferramentas que poden ser útiles, sen dúbida os orzamentos de Vigo e Galiza son mecanismos moi importantes para corrixir as desigualdades e redistribuír a riqueza.

“Os orzamentos non son nin de Núñez Feijóo, nin de Abel Caballero. Son nosos, son das persoas. Por iso defendemos que se dediquen a cubrir as necesidades básicas de todas.”

Os orzamentos non son nin de Núñez Feijóo, nin de Abel Caballero. Son nosos, son das persoas. Por iso defendemos que se dediquen a cubrir as necesidades básicas de todas. Procuramos unha vida austera e digna para todas, e non podemos agardar máis.

Pouco din do que van facer cos nosos cartos, cando algo din amosan o afastados que están da crúa realidade. Dous exemplos:

Os tempos de agarda pola RISGA superan a legalidade chegando aos 8 ou 9 meses de agarda ou que a contía media de dita prestación por unidade familiar é inferior aos 400 €/mes.

Esta semana o alcalde de Vigo declaraba que presentarán os orzamentos municipais de 2014 «cuando sea más conveniente para la ciudad». Á cidadanía de Vigo úrxelle saber cantos cartos vai poñer o Concello para, por exemplo, garantir o dereito á vivenda na cidade ou para eliminar a “pobreza enerxética”. As compañías eléctricas e os propietarios das vivendas non agardan para cortar a luz ou tramitar a orde de desafiuzamento.

Porque é urxente, resposta inmediata ás situacións de emerxencia social das familias!

Porque é a súa obriga, incremento significativo do investimento social nos orzamentos!

Porque é de xustiza, respecto aos dereitos sociais de todas as persoas!

Autoría ODS-Coia, G.A.S. e Parroquia “Cristo da Victoria” – Coia.

Fotos Galiza Contrainfo