Alvaro Rodriguez – Revista A Boia

Os privilexios da banca que quizás non saibas.
Hoxe en día estamos a vivir unha crise tremenda, orixinada nas prácticas da banca de inversión e comercial a nivel internacional. Aínda que hoxe a sabedoría “popular” creada polos mass media quere facernos ver que a crise depende na súa solución do déficit público, o certo é que este non ten nada que ver coa orixe da crise,  nin ten nada que ver coa súa solución real. A orixe da crise está nun sector financeiro sobredimensionado, e que conta cuns privilexios desmesurados, que dan a este sector, formado e dirixido por unha pequena elite, un poder enorme sobre as nosas vidas. E que non empregan no noso ben, senón para o seu beneficio.

O primeiro destes privilexios é o de crear cartos. Grazas á reserva fraccionaria e ao multiplicador bancario, dous aspectos ben coñecidos polos economistas, os bancos en cada crédito están a crear cartos. Pero non crean os cartos fisicamente, senón un simple apunte contable no que figura que alguén lles debe cartos, sen necesidade de ter realmente o diñeiro que prestan. Os bancos o que fixeron nas dúas últimas décadas foi presionar para reducir as restricións a este mecanismo, e dar cada

vez máis créditos e xerar máis débeda, que ao fin e o cabo é o seu negocio. Isto o que fixo foi inundar de cartos, en forma de débeda (o diñeiro non é mais ca débeda), o sistema financeiro. E cando este colapsou, a débeda deixou de pagarse, e os bancos quebraron. E tivemos que rescatalos, claro. Rescatalos do mal uso que lle deron ao seu privilexio de crear diñeiro da nada.

O segundo privilexio que teñen nos países do euro é o de chantaxear ós estados e a súa fiscalidade. Os gobernos  non poden emitir moeda, nin os bancos centrais. O que pode facelo é o Banco Central Europeo, que presta directamente aos bancos, e estes danlle os cartos ós gobernos mercando débeda pública, e forzando recortes para asegurarse o seu pago. Así que os bancos, amparados no privilexio de ser os únicos capaces de prestar cartos, están a crear un gran sufrimento en forma de recortes para asegurar o seu negocio da débeda.

Por iso, quizais cómpre sacar das mans de xente absolutamente

irresponsable o privilexio de ordenar o noso sistema monetario, poñendo este ó servizo da cidadanía, cunha emisión de moeda e uns bancos democraticamente controlados. Vai sendo tempo.

Autor  Álvaro Rodriguez.

Por que nos interesa rematar cos paraísos fiscais?
O recente escándalo do ex-tesoureiro do PP, o de Iñaki Urdangarín, ou o da Gurtel, teñen todos un elemento en común: os paraísos fiscais (ou PF). Estes son lugares, moitos deles situados en pequenas illas ou países, que ofrecen opacidade a todos aqueles que pretenden evadir impostos do fisco.

E non é unha cousa de pouca importancia. Segundo datos da Tax Justice Network, nos paraísos fiscais acumúlase, lonxe da man da fiscalidade dos gobernos, o equivalente ao PIB de Estados Unidos e Xapón xuntos. Son empregados por todas as grandes corporacións, bancos, e fortunas, que dende os paraísos fiscais e empregando sociedades offshore inverten estes inxentes fondos en especulación financeira, que é moito máis proveitosa que a inversión produtiva. Os  paraísos fiscais son, por dicilo brevemente, unha peza fundamental nas prácticas,legais ou ilegais, que provocaron a crise financeira, e posteriormente a Grande Recesión que (mal)vivimos.

Tamén son fundamentais na creación dunha situación de grande desigualdade a nivel mundial. Podedes imaxinarvos que se podería facer se aplicásemos un imposto do 30% (como o de sociedades) sobre os fondos depositados neses paraísos fiscais? Xa está calculado: acabar coa fame no mundo. E tamén poderiamos darlle unha renda básica de subsistencia a todos os seres humanos. Ou rematariamos inmediatamente coa necesidade dos recortes. Por exemplo. E, sobre todo, dariámoslle un golpe case que definitivo á voraz especulación financeira que xa todos sabemos non vai parar ata facer negocio de todo, mesmo das nosas vidas, a saúde, a educación, ou a Natureza.

Así que se queremos defender a sanidade, a educación, a ciencia, e o noso modo de vida; se queremos unha economía ao servizo de todos; temos que rematar cos paraísos fiscais. Isto é algo que os gurús dos recortes non van predicar. Eles só pretenden recortar o estado para pagar a débeda, e seguir alimentando o mesmo sistema especulativo. A todos nós, pola contra, interésanos o contrario. De todos depende acabar con isto.

Autor Álvaro Rodríguez, membro da Plataforma en Defensa do Aforro Público