Industria Alimentaria – Revista A Boia

O limón da discordia. Os outros custos da industria alimentaria.
Precisas un único limón, poñamos que para un cóctel. Vas ao “súper”, e descobres que xa non os venden soltos, só en mallas de 1 kg a 1,49 euros; dubidas, sénteste un chisco estafada, pero os mercas. Xa de camiño a casa, les a etiqueta do saquiño: “Orixe: Chile”. O día seguinte, no mercado fíxaste no prezo da froiteira: limón “do país” 2,49 euros/kg. Pregúntaste: pero como? Non hai custos de transporte? Os chilenos non pagan impostos de importación?

“Esta situación de globalización, aínda que rendible monetariamente para algúns, trae consecuencias nefastas para a maioría.”

Mentres tanto, un limoeiro preto da túa casa está repleto de froitos que non teñen quen os apañe; ou, nunha situación intermedia, no Levante español, a explotación de milleiros de hectáreas de cítricos está paralizada por falta de rendibilidade económica.

Pero si, no prezo daqueles limóns chilenos van incluídos os custos de transporte e os impostos de entrar na UE. Acontece que os custos monetarios de produción (custo da terra, o regadío, a man de obra, os impostos…) son inferiores naqueles países. Aqueles limóns “estranxeiros” son máis competitivos en orixe, favorecendo así a aparición dunha economía de escala (a máis cantidade, menor custo por unidade), non só na parte da produción senón tamén, consecuentemente, nas partes da distribución, comercialización e financiamento, isto é tamén custa menos empacalos, refrixeralos, transportalos…

É a lóxica apisoante do mercado. Dende aquí fixámonos nestes casos, como o do limón chileno pero en realidade isto ocorre en todas as direccións; quizais un dos casos máis escandalosos sexan as 20 toneladas de auga embotellada que intercambian Reino Unido e Australia (en ambas direccións!!).

Esta situación de globalización, aínda que rendible monetariamente para algúns, trae consecuencias nefastas para a maioría: emisión de CO2 á atmosfera, o consumo superfluo dun ben escaso e valioso como o petróleo, extensión de grandes monocultivos, pérdida de calidade dos produtos (colleita en verde, transxénicos…) e, quizais a máis evidente de todas, a opresión dos produtores, que baixo a espada da competitividade,

apenas poden loitar pola mellora das súas condicións laborais e socioambientais.

Autor: Uxío Reinoso

Foto: Lau

Que é a industria alimentaria?
Industria encargada da elaboración, transformación, preparación, conservación e envasado dos alimentos de consumo humano e animal.

Cales son as cifras globais actuais sobre a producción de alimentos?

Dende os anos 60, coa chamada Revolución Verde, a produción de alimentos multiplicouse por tres, mentres que a poboación mundial duplicouse. Segundo este patrón supoiamos que a fame no mundo debería de ter sido superada fai tempo. Pero o certo é que, neste momento, producimos alimento para 12 mil millóns de persoas; pero mil millóns, dos 7 mil que habitan o planeta, pasan fame.

Por que se produce a fame?

A condena á fame de mil millóns de persoas ten que ver, directamente, coa taxa de beneficio do gran capital e as políticas que os estados e as institucións do capitalismo global desenvolven para protexela. A xente pasa fame, morre de fame, por razóns políticas.

As políticas agrícolas da UE (a PAC, que consume preto do 40% do presuposto europeo) e de EEUU están centradas na subvención á produción das multinacionais para que poidan vender baixo prezo de custo nos mercados do sur. O resultado destas medidas proteccionistas do norte son devastadoras e así, por exemplo, no maior mercado agrícola de África, o de Dakar, é máis barato mercar produtos europeos que os producidos no propio Senegal, o que condena á desaparición dos pequenos agricultores locais, cuxas terras son, nunha nova fase de colonización, adquiridas por esas mesmas multinacionais para explotalas segundo os intereses dos mercados do norte. O acaparamento das mellores terras nos países do sur dá lugar a situacións ilóxicas e homicidas, como a utilización de terras fértiles etíopes para a plantación de flores. Polo ben do capitalismo e para cumprir co desexo de prezos baixos dos consumidores do norte, unha parte importante da poboación mundial perde o dereito a comer e, incluso, a beber, pola privatización dos recursos hídricos (incluso da auga da chuvia, como ocorreu en Bolivia no ano 2.000).

No capitalismo os alimentos só teñen razón de ser coma mercancía. Polo tanto, o fin esencial da industria alimentaria non é dar de comer as persoas, senón satisfacer as necesidades do mercado de intercambio de mercancías, o que quere dicir que, destruír colleitas, tirar comida ao lixo ou, incluso, pagar por non cultivar,… forman parte da súa lóxica.

Por outro lado, o control que as multinacionais teñen sobre a produción  de alimentos vai en incremento. Durante as décadas dos anos 60 e 70, os xigantes da alimentación non só conseguiron multiplicar a produción, senón que tamén avanzaron nun dos seus obxectivos estratéxicos fundamentais: a privatización das sementes. Mediante a expansión duns poucos e novos cultivos industriais (a través de fortes campañas destinadas a facer un mercado de alimentos homoxéneo) e apoiados no sistema de patentes, o capitalismo logrou arrebatar a gran parte do campesiñado a capacidade para gardar as sementes de sementeira, e dominar así completamente a produción. Hoxe en día, o mercado das sementes está monopolizado por dez empresas que controlan o 70% do mercado.

Existe outro problema relativo á industria alimentaria: as granxas industriais. O sistema de produción animal ignora de forma sistemática custes coma a degradación ambiental (o 20% dos gases de efecto invernadoiro son emitidos pola industria gandeira, máis que todo o tráfico  rodado do mundo), as enfermidades humanas (o emprego masivo e descontrolado de antibibióticos para acelerar o crecemento xera resistencias das enfermidades aos medicamentos) ou o sufrimento animal. En xeral, o sistema que nos prové o alimento animal consiste en calcular ata que punto poden achegar cara á morte aos animais sen matalos. Como crialos rápidamente, como aloxalos no mínimo espazo, o máximo e mínimo que poden comer, o enfermos que poden estar sen morrer .

E ti que podes facer?

Acabar coa fame e a crueldade animal esixe democracia e xustiza nas políticas agrícolas e alimentarias e apostar por un modelo de agricultura de proximidade, no que os consumidores teñan unha participación activa (coñecer o que comemos e como se produce). Devolver a capacidade de decidir sobre a produción, a distribución e o consumo de alimentos. Por isto debemos guiarnos por un consumo responsable que se basee nunha produción alimentar que respecte e se axeite sempre á contorna natural e cultural na que se desenvolve, e no que fomentemos a protección dos dereitos das especies.

Autor Ecoar)))