Protectora animais – Revista A Boia

Os Biosbardos: protectora de animais de Ponteareas.
A Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos ten como obxectivo principal a xestión do Refuxio de Animais Abandonados de Ponteareas e a consecución de medios para poder sustentalo xa que carecemos de calquera tipo de axuda pública. Realizamos ademais unha incansable labor de concienciación social sobre o grave problema do abandono e maltrato animal, promovendo a adopción e esterilización.

“Cada ano chegan á familia biosbarda unha media de 200 animais, os cales son desparasitados e esterilizados en tódolos casos, e vacinados tamén os cachorros.”

Nos últimos meses atopámonos nunha situación económica insostible debido ós numerosos gastos ós que temos que facer fronte diariamente. Cada ano chegan á familia biosbarda unha media de 200 animais, os cales son desparasitados e esterilizados en tódolos casos, e vacinados tamén os cachorros. Ademais desta atención básica asumimos tamén o gasto en atención veterinaria mais específica xa que algúns animais chegan a nós nunha situación lamentable: con patas rotas, desnutrición, insuficiencia renal, sarna, leishmania, tumores… Á atención veterinaria temos que sumar o gasto en manutención dos 200 animais que se atopan de media baixo a nosa responsabilidade, os gastos de desprazamento, material sanitario e farmacéutico, produtos de limpeza, materiais para o mantemento e mellora das instalacións, gasto telefónico, etc.

Explicámosvos aquí algunhas das formas de colaborar para que este traballo continúe sendo posible, seguro que atopas a túa!:

Faite soci@: dende 15 € ó ano podes facerte soci@.

Amadriña/apadriña: por só 6 € ó mes farás sentir a un peludo moi especial!

Teaming: microdonacións de 1 € ó mes.

Dona: penso, colares, correas, material sanitario, produtos de limpeza…. E tamén calquera cousa en bo estado  para vender nos nosos mercadiños (roupa, libros, cds, xoias, obxectos de decoración, etc).

Merca: ademais de mercadiños montamos tamén postos biosbardos de comida vexetariana caseira. Infórmate na nosa páxina web ou fb onde será o próximo evento!

Petos biosbardos: axúdanos a distribuílos nos diferentes locais que coñezas; bares, restaurantes, centros veterinarios.

Doazóns na conta de Novagaliciabanco 2080 – 5435 – 51 – 3040123305 ou mediante PAYPAL.

Máis información: http://protectoraosbiosbardos.org Por pequena que sexa, a túa achega é necesaria. AXÚDANOS A AXUDALOS!

Autora Protectora de Animais Os Biosbardos.