Serxio Reguira Gómez – Revista A Boia

A Boia entrevista a… Serxio Reguira Gómez, presidente pola plataforma pola defensa da Ría de Vigo “Cíes”
Cando se constituiu a Plataforma Pola Defensa da ría de Vigo “CÍES”(PDRV)?

Aínda que se levaba traballando case un ano, a Plataforma constituiuse legalmente no mes de outubro de 1.993.

Cales son os obxectivos fundamentais que persegue a Plataforma?

En términos xerais, loitar para acadar un saneamento integral da Ría, a defensa do medio ambiente, potenciar unha maior produtividade natural e a mellora da calidade de vida da cidadanía.

Pode citar algunha das campañas  nas que participaron?

Nos anos noventa impediuse a instalación  da empresa de hidrocarburos PETROVIGO  en Bouzas que tería significado para a  ría a súa sentenza de morte,non só polo movemento de carga e descarga de hidrocarburos nos peiraos, tamén polo  que suporía o subministro de combustible a flote dentro da ría ou no corredor de navegación da costa galega.

Como valoran a nova Lei de Costas e que consecuencias pode ter na Ría de Vigo?

A reforma da Lei de Costas está feita para privatizar terreos de Dominio Público Marítimo Terrestre (DPMT), isto é, terreos gañados ás praias e mesmo a lámina de auga. Unha reforma que deturpa e confunde os aterramentos e construcións nos areais e lámina de auga, cos núcleos tradicionais mariñeiros construídos sobre propiedades privadas, aos que por certo, non dá solucións efectivas.

O posicionamento da PDRV é contrario a esta reforma aprobada o 9 de maio. As razóns son multiples e variadas, destacamos especialmente:

A posta en marcha dunha lei concebida para protexer o medio ambiente non pode significar un retroceso das políticas protectoras adoptadas con anterioridade para todo o litoral. Porque é unha reforma que propugna graves discriminacións, que abre as portas á privatización de terreos  de DPMT de xeito que os especuladores dos ultimos 30 – 40 anos, pasen a ser  propietarios duns bens de DPMT que son da colectividade.

É unha reforma que non aporta solucións  aos problemas reais da gran presión  urbanistica sobre a primeira liña de  costa consecuencia dunha desmedida especulación inmobiliaria e mesmo industrial, de maior ou menor grao de contaminación, polo que non sería  preciso a súa instalación na ría para a súa actividade.

Os efectos sobre a Ría de Vigo, poden ser diferentes. Ocupacións e privatizacións

de zonas dunares Samil, Rodeira, O Vao, Praia America ou Baiona. Aterrados sobre

os que de forma irregular se fixeron construcións no bordo costeriro de todos

o municipios da ría.

Cómpre dicir que aínda está sen aprobar o regulamento de desenvolvemento da

propia lei e que podemos atoparnos con moitas sorpresas cando isto se dea.