Manipulación informativa – Revista A Boia

A manipulación informativa en violencia de xénero.
A maioría das novas sobre violencia son prexudiciais para as mulleres e o seu contorno. Os medios de comunicación teñen que contribuir á erradicación da violencia e non proporcionar máis que sensacionalismo e morbo, teñen que falar da realidade e en nome das mulleres que xa non poden defenderse. A falla de investigación nos casos por parte dos medios de comunicación fai que se dea unha información que non se corresponde coa realidade. Dende xa, os medios terían que darlle a seriedade e o rigor necesarios tendo en conta que, doutro xeito, o único que conseguen é que se tome a violencia como algo natural, sen ter en conta o prexuízo que causan ao convertilo en algo sensacionalista sen máis. Os medios de comunicación deberían empregarse para producir cambios sociais, non para promover unha sociedade manipulada para vender máis sen ter en conta a dor das persoas. Non nos debe importar como morreu nin a opinión da veciñanza, o que pasa nunha casa só o saben os que nela moran e produce moitísima impotencia ver como se trasmite unha nova tan dolorosa sen o máis mínimo coidado nen respecto ás persoas que rodean o suceso.

“A violencia segue sendo tratada como un suceso, en vez de como un problema global que afecta a mulleres de todo o mundo.”

En moitísimas máis ocasións identíficase máis á vítima que ao asasino. A violencia segue sendo tratada como un suceso, en vez de como un problema global que afecta a mulleres de todo o mundo, un problema que forma parte da violencia estrutural provocada polo sistema “sexista, clasista e racista” no que todas as mulleres estamos diariamente sometidas a soportar. Insultos, chistes, menosprecios, invisibilizacións, acoso e asasinatos.

Tamén hai manipulación informativa cando “A Xunta reduce nun 25% os fondos para as axudas periódicas para vítimas de violencia”, mais aseguraban un aumento do crédito para que “as mulleres que cumpran os requisitos cobren as axudas”, a día de hoxe, 8 de outubro, confírmase que non hai crédito e que non se sabe se se ampliará o orzamento.

Só lembrar unha última cousa: somos mulleres, non vítimas, somos xulgadas inxustamente, despreciadas, ignoradas, humilladas e incluso asasinadas por reclamar o que é xusto, pero non desistiremos en esixir o que é noso de pleno dereito.

Autoras Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo.

A manipulación informativa.
Situación actual.

Se ben ata finais do século XX foron o compendio de prensa, radio, cine e televisión os conformaban a comunicación social, agora mesmo son principalmente os medios audiovisuais, os que ocupan unha posición dominante. Os medios en papel, que foran paulatinamente popularizados nas xeracións anteriores, están agora relegados. Hoxe en día, a formación do pensamento político das persoas faise principalmente a través da comunicación audiovisual da televisón, o cine, a web e as redes sociais (youtube, facebook,…).

En xeral, os estandares da producción e transmisión audiovisual son moi altos, inalcanzables para as clases populares. Por unha banda precisase unha gran capital para producilos e promocionales, e por outra banda, existe un ferreo control estatal e de corporacións privadas sobre as canles de transmisión maioritarias: é o caso das licencia de emisión radiotelevisiva ou a censura sobre o facebook, youtube, etc… Así pois, a cidadanía debe ter en conta, que a comunicación audiovisual ainda que sexa “popular”, está en realidade baixo os intereses de grandes corporacións capitalistas e partidos políticos.

Esta situación hexemónica crea unha forte contradición co concepto de democracia, xa que anulase a capacidade das persoas para involucrarse e decidir por si mesmas. Controlando a creación e difusión da información é como logran un poucos implantar entre a maoiría un consenso ideolóxico ao seu favor.

Qué podemos facer?

Sen un control social dos medios de comunicación é imposible acadar unha sociedade libre e democrática. Por iso é preciso participar, na medida do posible, nos medios de comunicación de masas xa existentes, pois é necesario que a nosa voz apareza nos maiores espazos posible: trátase de contrarrestar, o fío ideolóxico dos poderosos e dotar de argumentos ao conxunto da cidadanía. Se son os medios de masas os que crean ideoloxía, teremos que estar presentes neles.

“Sen un control social dos medios de comunicación é imposible acadar unha sociedade libre e democrática.”

Por outra parte, e dado que o anterior é difícil nunha correlación de forzas tan desfavorábel, faise necesario construír medios de comunicación propios. Un medios de amplo alcance, que teñan a capacidade de dotar á maioría da súa propia ideoloxía e afastala dun discurso totalmente contraproducente para a súa propia realidade material.

Autor Ecoar)))

Editorial (Novembro).
En marzo deste ano o gabinete de prensa do PP balear cometeu un “lapsus mail” que deixou en descuberto un xeito de corrupción que a maioría descoñeciamos. O correo, que por erro chegou a redacción de varios medios de comunicación realmente  independentes, comezaba cun educado “Bos días opinadores, estas son as noticias do día para comentar…”*. Os /as “opinadores/as”, son periodistas de medios maioritarios que, por razóns ideolóxicas e/ou pecuniarias, reinciden, dende unha posición  aparentemente independente, na estratexia informativa do PP. Neste caso concreto tratábase de negar que o presidente balear Bauzá fose un ladrón do erario público; desprezar o seguimento e valores da folga do profesorado, e desviar a atención cara unha serie de “boas noticias” obra e gracia do PP. Para isto se lles daba unha serie de argumentos de elaboración do propio gabinete e indicacións da forma politicamente correcta de facelo, evitando así semellar demasiado fascista ou oficialista.

Este asunto é grave. Evidenciouse que o PP ten periodistas en plantilla e probablemente isto non sexa unha excepción se non máis ben un costume. Pero simultaneamente descubriuse unha falla democrática, non só porque haxa uns cantos mercenarios/as de partidos políticos, senón tamén porque esta noticia non tivo a mesma repercusión nos medios do “cuarto poder” que os casos nos que os corruptos/as eran cargos públicos e políticos partidistas. Queremos saber quen son en concreto os/as opinadores/as?

Quen nos informa sobre os informadores/as?

Ademais este suceso evidencia dúas tácticas da oligarquía para manter a súa posición privilexiada nun sistema nominalmente democrático; unha é o sostemento do principio de Goebbels “unha mentira repetida mil veces convertese en verdade”, e a outra facernos crer que o principio da separación dos poderes de Montesquieu persiste no noso sistema capitalista.

A estas alturas do drama, boa parte da poboación sabe que os capitalistas financian partidos, que o goberno presiona os xuíces, que os lobbys “convencen” aos partidos, que os partidos teñen periodistas a soldo, que hai xuíces que militan en partidos políticos e que a familia real é unha podremia… pero apenas hai unha resposta popular. Quizais sexa porque aínda hoxe en día a oligarquía é a única con capacidade para definir cal é a opinión pública maioritaria e, polo tanto, “democrática” e lexítima… Por todo isto é preciso a túa colaboración en medios de auténtica comunicación como son A Boia, Galizacontrainfo, La Marea, Indymedia,…

*https://www.mallorcaconfidencial.com/articulo/comunicacion-e-internet/al-pp-se-le-cuela-en-un-correo-a-los-medios-la-estrategia-intoxicadora-en-los-digitales/20130315203752069104.html

Autora Revista A Boia

Ilustración Peri