Consumo – Revista A Boia

A sociedade de consumo e o engano empresarial.(Segunda parte).
O engano da clase media.

O boom económico das últimas décadas axudou a estender a falsa idea da universalización da clase media, necesaria para incentivarnos a consumir. Con algunhas concesións básicas como o lixeiro aumento dos salarios e algúns dereitos laborais, os poderes económicos coaligáronse cos bancos e dominaron ás elites políticas que dende entón xogan o papel de monicreques dos mercados. Estafas como os créditos, microcréditos, hipotecas e préstamos conseguiron un exército de novas vítimas, seres racionais convertidos en irracionais ao estaren atados a un banco ou a unha financeira para poder acceder a dereitos básicos como a vivenda ou a pequenos luxos como os automóbiles. Non é casualidade que desgravase a compra de vivenda e non o aluguer (foi un mercado en auxe ao que debían darlle saída), que os gobernos financiasen a  renovación do parque automobilístico con suculentas axudas públicas que repercutían sobre só algúns consumidores.

Agora que a crise sistémica golpea a todos os sectores da sociedade descubrimos que todo iso era aparencia e fachada. Non “vivimos por riba das nosas posibilidades”, como repiten os voceiros do capital, senón que eles permitiron e mesmo alentaron que todos tivésemos a impresión de que todos tiñamos un nivel adquisitivo semellante para que consumísemos desenfreadamente mentres eles se lucraban. Pouco lles importa o nefasto impacto ambiental do seu sistema insostible, as consecuencias que sobre a nosa saúde e calidade de vida ten, as súas repercusións sobre os países e os traballadores explotados e mesmo as penurias que o consumo irracional supoñen para unha poboación que é desafiuzada, que busca comida no lixo, que forma filas quilométricas de parados fronte ás oficinas do INEM, que non pode afrontar os seus préstamos, que é estafada

con produtos bancarios enganosos etc…

O Cumio de Johannesburgo (2002) deu o dato de que o 15% da poboación mundial que vive en países desenvolvidos é responsable do 56% do consumo total do mundo, mentres que o 40% máis pobre é responsable soamente do 11% do consumo. Esta é a esencia do consumismo: gañar máis sen mirar as consecuencias e conseguir unha sociedade baleira e inhumana con necesidades artificiais inesgotables que eles mesmos nos impuxeron e infinidade de posesións prescindibles que crean unha sensación de opulencia e comodidade.

Autores Daniel García Reigosa (mestre e membro da PAH Vigo-Tui) e Eduardo Garzón Espinosa( membro de ATTAC España).

A sociedade de consumo e o engano empresarial.(Primeira parte).
Unha saída a sobreproducción.

Ao longo de toda a historia o ser humano consumiu unicamente os bens e produtos que necesitou para o desenvolvemento normal da súa vida. Pero este hábito de consumo por necesidade foi substancialmente modificado durante o século pasado, pois a comezos do século XX os avances na organización do traballo nos medios produtivos xunto co progreso tecnolóxico deron un forte pulo ás fábricas produtoras aumentando a produtividade. Conseguiuse producir os mesmos produtos a unha velocidade maior. Non obstante ese fenómeno topouse cun problema importante: para obter beneficios non só abondaba con producir máis e máis rápido, senón que tamén había que vender esas mercadorías. Como a velocidade á que se producían as manufacturas aumentara pero non a velocidade á que se vendían, os ingresos seguían entrando á mesma velocidade de sempre e non se obtiñan vantaxes pola maior velocidade de fabricación (mesmo xurdían desvantaxes, debido ao aumento dos custos ao producir maiores cantidades).

Unha das solucións máis importantes a este problema veu da man da ciencia da psicoloxía. A idea era moi simple: abondaba con vencellar un produto a unha idea calquera que conseguise motivar ou emocionar ás persoas para empurralas a comprar máis usando mensaxes publicitarias orientadas ás masas. Os empresarios da época constataron que os hábitos consumistas podían ser modificados a través de mensaxes que debían ir directas ao subconsciente máis profundo das persoas. Os coches comezaron a ser anunciados como símbolo de poder, de opulencia e de liberdade; en vez de anunciarse polas súas calidades máis palpables e visibles, a roupa comezou a ser publicitada como insignia de distinción entre as persoas e como sinal caracterizadora, pois comprar unha determinada marca de roupa suxería pertencer a unhas determinadas esferas da sociedade en vez de simplemente buscar protección fronte ás inclemencias do tempo.

Así foi como os grandes empresarios crearon novas necesidades ás masas para que a xente se vise empurrada a comprar os produtos que eles vendían de xeito que se lle dese saída á inmensa cantidade de produtos que fabricaban. Alimentaron a demanda con estrataxemas publicitarias que atacaban as raíces máis emocionais e sensibles da mente humana para dar solución ao problema da sobreprodución. Decatáronse de que dispoñían do poder necesario (diñeiro e medios en cantidades abondas) para manipular en boa medida as decisións de compra das masas.

Autores Daniel García Reigosa (mestre e membro da PAH Vigo-Tui) e Eduardo Garzón Espinosa( membro de ATTAC España).

Que é o consumo?
Empregar os bens e servizos para satisfacer necesidades primarias e secundarias.

En termos económicos enténdese por consumo a etapa final do proceso económico, xa que é o momento no que un ben ou servizo produce algunha utilidade a quen consume.

Que é o consumismo?

Definición alternativa: A compra de bens e servizos coma un fin en si mesmo, en tanto que práctica para a obtención de satisfacción persoal ou coma signo de estatus e  prestixio social.

Cales son as bases da sociedade de consumo…

A sociedade de consumo de masas é produto do capitalismo que trata de facer chegar os seus produtos a unha parte da poboación o máis ampla posible.

Coa finalidade de soster o ritmo de producción de mercadorías, as empresas recorren a estratexias de publicidade agresivas e sedutoras para inducir a consumir.

Os métodos de fabricación baséanse na produción en masa a partir dun alto desenvolvemento tecnolóxico e recórrese á obsolescencia programada que permita a fixación permanente de produtos e servizos.

Os patróns de consumo están masificados. O consumo de masas asume que se consume o que está de moda sinxelamente como un medio de integración social.

…que implica esta sociedade?

O consumo a grande escala na sociedade contemporánea compromete seriamente os recursos naturais e o equilibrio ecolóxico,pois implica un constante aumento da extracción de recursos naturais e do despoxo de residuos ata o punto de ameazar a capacidade de rexeneración da natureza deses mesmos recursos imprescindibles para a supervivencia humana.

As persoas consumidoras finais perden as características dos individuos para pasar a ser considerados como unha masa na que se pode influír e á que se lle poden xerar falsas necesidades.

Este modelo obriga aos países e persoas pobres a satisfacer o enorme consumo das sociedades “máis desenvolvidas”, o que implica que deixen de satisfacer as súas propias necesidades como a alimentación e a saúde. A maioría das características son deseñadas para satisfacer ao mellor postor.

As persoas convértense en merxs consumidorxs que atopan o pracer no mero consumo por si mesmo, nin tan sequera no desexo de posuír o produto.

Para achegarse a poder consumir determinado tipo de produtos as consumidoras que menos recursos posúen teñen que endebedarse. Isto fai que o prezo dos produtos se encareza.

A escasa duración dos produtos xera unha grande cantidade de lixo e un alto consumo enerxético.

Créase un marco normativo laxo para as empresas, para que así poidan obter grandes beneficios a través do abuso de dereitos humanos, da explotación da natureza, o emprego de paraísos fiscais,…

Pervértense os conceptos de liberdade e realización persoal. Pois a realización  persoal enténdese como a adquisición   e acugulamento de bens, e a liberdade  enténdese como a posibilidade de  establecer pautas baseándose no que as leis permitan aínda que isto  supoña a supresión e violación de dereitos.

Consumo responsable

Baséase na idea de que os seres humanos deberían axustar os seus hábitos de consumo ás súas necesidades reais.

A reflexión básica para realizar un consumo responsable debe basearse en:

Considerar o impacto ambiental dende o punto de vista do ciclo de vida do produto a mercar (valorar os procesos de produción, transporte, distribución, consumo e residuos que deixa o produto).

Determinar a pegada ecolóxica que produce determinado estilo de vida e consumo.

Determinar que empresas, produtos e servizos, respectan o medio ambiente e os dereitos humanos para preferilos fronte a outros que non cumpran cos citados requisitos.

Decrecemento

Baséase na diminución controlada da produción económica co obxectivo de establecer unha nova relación de equilibrio entre o ser humano e a natureza, pero tamén entre os propios seres humanos. Rexeita o obxectivo do crecemento económico do liberalismo e busca un cambio radical do sistema. O decrecemento baséase fundamentalmente en: escala reducida, relocalización, eficiencia, cooperación, autoprodución (e intercambio), durabilidade e sobriedade. A conservación do medio ambiente só é posible reducindo a produción económica que está por riba da capacidade de rexeneración natural do planeta.

E ti … que podes facer?

Realiza un consumo responsábel e decrecente, achega estas alternativas ás persoas da túa contorna e reclama ás autoridades o desenvolvemento deste tipo de consumo.

Pensa que un produto ten detrás a persoas, non a marcas. A marca presenta unha personalidade positiva, que agocha deliberadamente a realidade das persoas que están detrás, que pode ser negativa por ir en contra dos dereitos básicos das persoas.

Autor Ecoar))).